Emoción nas primeiras roldas do Torneo Internacional Junior de Tenis de Sanxenxo
Por Redacción
Primeiros partidos da fase final e primeiras sorpresas no 19º Torneo Internacional Júnior de Tenis de Sanxenxo.
As pistas do Círculo Cultural Deportivo acolleron xa os encontros de primeira rolda, fóra dos tenistas procedentes da previa.
No cadro individual masculino o pontevedrés Iago Domínguez foi superado polo xaponés Jay Friend (6-2 e 6-2). Tamén saltaron á pista Emilio Sánchez, fillo do maior da saga Sánchez Vicario, que non foi capaz de gañar a Koshis; e Álex Verdasco, curmán do tenista profesional, caendo en primeira rolda ante Arthur Gea por un dobre 6-1. Ademais o polaco Marce Kamrowski deu a sorpresa derrotando ao cabeza de serie número seis, o rudo Gorokhov (6-4, 7-6).
Pola súa banda no cadro feminino a danesa Munk venceu á sexta favorita e campioa de España, Raquel González, por 6-3 e 6-2, mentres que a británica Ranah Stoiber superou á segunda cabeza de serie por un dobre 6-3. Pola súa banda dúas das tenistas galegas invitadas pola organización, Eva Álvarez e Sara Martínez, non lograron avanzar a segunda rolda ao perder respectivamente contra a rusa Gureva e a checa Klimovicova.
Relacionadas:
-
Eugenia Menéndez e Saúl Berdullas, campións do 14º Torneo Internacional de Tenis Cadete de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Klimonikova e Debru, campións da 19 edición do Torneo Internacional Júnior de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O CCD Sanxenxo, preparado para o seu Torneo Internacional Júnior de tenis máis especial
Por Redacción |
-
Novas pistas de tenis para o Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo
Por Redacción |