Klimonikova e Debru, campións da 19 edición do Torneo Internacional Júnior de Sanxenxo
Por Redacción
Sanxenxo despediu esta fin de semana a 19 edición do Torneo Internacional Júnior no que se coroaron como gañadora feminina a checa Linda Klimonicova e como campión masculino o francés Gabriel Debru. En dobres, as gañadoras foron, en modalidade feminina, a rusa Mirra Andreeva e a belga Hanne Vandewinkel, mentres que en masculina os mellores foron o lituano Edas Butvilas e o chipriota Constatinos Koshis.
A matinal do sábado comezou coas dúas semifinais individuais feminina. Na primeira, a moza rusa Mirra Andreeva derrotou, grazas ao seu bo xogo no fondo de pista, á cabeza de serie número uno e a súa compañeira de dobres Hanne Vandewinkel (6-3 e 6-2). Tamén saltaron á pista a checa Linda Klimovicova e a británica Ranah Stoiber, gañando Klimonicova por 7-6(5) e 6-1.
En modalidade masculina, o francés Gabriel Debru superou ao belga Noah Merre por un 6-2 e 6-2, resultado que non fai xustiza ao partido igualado dunha hora e corenta minutos que se viu sobre a pista do CCD Sanxenxo. A segunda semifinal foi máis igualada, co cabeza de serie número uno, o hongkonés Coleman Wong, derrotou ao francés Arthur Gea en tres sets, 1-6, 6-2 e 6-1.
Ademais, pola tarde desenvolvéronse as finais de dobres. No cadro feminino, a rusa Mirra Andreeva e a belga Hanne Vandewinkel superaron á checa Linda Klimovicova e á romanesa Anca A. Todoni, mentres na masculina os gañadores foron o lituano Edas Butvilas e o chipriota Constatinos Koshis, que gañaron ao suízo Mika Brunold e ao ruso Artur Kukasian.
Finais individuais
O domingo celebrouse a xornada final do Torneo Internacional Junior coas finais feminina e masculina nas que se medían Andreeva contra Klimonicova (10:30 horas) e Gabriel Debru fronte a Coleman Wong (12:00 horas).
A campioa en modalidade feminina foi a checa Klimonicova, que levou as rendas do duelo en todo momento sen deixar opcións á rusa derrotándoa por un claro 6-1 e 6-2.
Pola súa banda, o gañador da gran final masculina foi o francés Gabriel Debru, que derrotou ao hongkonés Coleman Wong pero non sen dificultade, polo menos no primeiro set, que se decidiu no tie- break a favor do europeo por 6-7 (1-7). No segundo set, Debru tívoo máis fácil, noqueando a Wong cun contundende 1-6 que lle deu a vitoria.