Fin de semana redonda para o Froiz na Copa Galicia de Ciclocrós
Por Redacción
O recentemente nado proxecto de ciclocrós do Grupo Deportivo Supermercados Froiz camiña con paso firme na Copa Galicia da especialidade tras sumar unha fin de semana sobresaliente na dobre cita de Betanzos e Santiago de Compostela.
Na primeira das carreiras, o sábado en Betanzos, Laura Mira foi a gran protagonista na categoría feminina facéndose coa vitoria feminina júnior e absoluta, mentres que a súa compañeira Uxía Soto finalizaba en segundo lugar. Pola súa banda Miguel Rodríguez, tamén do Froiz, liderou a proba masculina desde o inicio levando o triunfo absoluto e sub-23 con Fabián Rodríguez terceiro. Todo nun seco e rápido.
A climatoloxía con todo deu un xiro para o XX Trofeo de Ciclocrós Cidade de Santiago do domingo, onde o barro fixo acto de presenza
Se o sábado a dominadora feminina fora Laura Mira, nesta ocasión foi Uxía Soto a que non deu opción ao resto de competidoras elite e sub-23 cunha vitoria incontestable cun minuto de vantaxe sobre Carla Fernández (Team Farto-BTC). Mira pola súa banda entrou en meta en terceiro lugar conservando a súa condición de líder da xeral.
En canto á carreira elite masculina, de novo Miguel Rodríguez fíxose co triunfo en Santiago mantendo a súa condición de invicto e consolidándose aínda máis como líder da Copa Galicia. Superou en case dous minutos a David Fernández (Avanza-O Porriño) e ao seu compañeiro de equipo Fabián Rodríguez, que foi terceiro.
Relacionadas:
-
A Carballeira de Ribadumia estréase como sede da Copa Galicia de Ciclocrós
Por Redacción |
-
A Copa Galicia de Ciclocrós regala unha bonita xornada deportiva en Sanxenxo
Por Redacción |
-
A segunda edición do ciclocrós Con da Romaíña reúne a 400 ciclistas este sábado en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Carla Fernández, do Farto, e Miguel Rodríguez, do Froiz, gañadores indiscutibles da Copa Galicia no Rosal
Por Redacción |
-
Tres ciclistas do Froiz poñen rumbo ao Europeo de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Gonzalo Inguanzo logra un dobre podio para o Froiz en Burgos
Por Redacción |
-
O XaxanCX pecha en Marín unha brillante fin de semana de ciclocrós
Por Redacción |
-
Dous podios para o Froiz nunha Copa de España de ciclocrós na que dominou o Nesta
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
"Mucha ilusión y muchas ganas" no Froiz para afrontar a Copa de España de ciclocrós
Por Redacción & Mónica Patxot |