O Arxil iguala o seu mellor inicio histórico na Liga Feminina 2
Por Redacción
Con paso firme camiña esta tempada o Club Baloncesto Arxil na Liga Feminina 2. Tanto é así que igualou o seu mellor inicio histórico na categoría, aínda que esta pasase a ser o terceiro chanzo do baloncesto nacional.
O conxunto pontevedrés sumou por vitorias o seu primeiros cinco partidos de liga (Alhaurín de la Torre, Magec Tías, Ibaizábal, Rosalía e Cortegada), consolidándose como líder como un dos dous únicos equipos invictos ata a data.
As de Mayte Méndez teñen un balance favorable de 5-0 ao que só iguala o Adareva tinerfeño, con Costa de Almerçia, Unicaja e Córdoba perseguíndolles cun tenteo de 4-1.
Con este inicio de tempada o Arxil reforza as súas aspiracións de pelexar polo ascenso á recentemente creada Liga Feminina Challenge, que pasou a ser a antesala da máxima división nacional. Para iso deberá terminar a liga regular entre os catro primeiros postos que dan acceso ao play-off.
A única vez que o equipo pontevedrés comezou o curso cun 5-0 favorable foi na tempada 2002/2003, un ano no que terminaría en cuarta posición xogando a fase de ascenso á Liga Feminina.
O Arxil poñerá agora a súa condición de invicto en xogo o vindeiro sábado 6 de novembro (19.30 horas) recibindo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva o Barakaldo, noveno clasificado con dúas vitorias e tres derrotas.
Relacionadas:
-
O Arxil segue ao seu e supera o Melilla (66-60)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Dunja Buzadzin marca o ritmo do invicto Arxil
Por Diego Espiño |
-
O Arxil supera o León e segue imparable (44-66)
Por Redacción |
-
O Arxil non cede e segue invicto á conta do Barakaldo (63-54)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Arxil pide o apoio da afección para derrotar o Barakaldo e seguir líder
Por Redacción |
-
O Arxil afiánzase no liderado tras levar o derbi contra o Cortegada (60-67)
Por Redacción |
-
O Arxil leva o derbi contra o Rosalía santiagués para seguir invicto (63-41)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A bahameña Ruth Adams, unha arma máis para o Arxil
Por Redacción |
-
Nerea Liste lidera a vitoria do Arxil fronte o Ibaizabal (62-72)
Por Almu Dapena |