Rufo trata de acurtar prazos pero o adestrador asume que o seu regreso tardará, polo menos, tres semanas
Por Manu Otero
O Pontevedra visita este domingo ao líder, ao Unión Adarve, e farao sen Rufo. O ariete madrileño aínda non se recuperou da escordadura de nocello que sufriu en Segovia e, aínda que cada día atópase mellor, a súa volta aos terreos de xogo tardará, polo menos, tres semanas.
"O período de baixa é entre 4 e 6 semanas, podes ser tres ou sete. Eu o que lle digo a Rufo é que ten que facer unha boa recuperacion", dixo o técnico Ángel Rodríguez na rolda de prensa previa ao partido.
Aínda que as sensacións do atacante melloran cada día, desde o corpo técnico pídenlle paciencia e que non se precipite para evitar unha recaída. "Son lesións nas que non tes que ter présa porque logo arrastras molestias durante toda a tempada e faiche estar ao 70 %. É un xogador importante, pero é máis importante telo ben", insiste o adestrador.
Con todo, convencer a Rufo para que descanse se non ten molestias é unha misión complicada. "O xogador ten ganas de volver e volver canto antes. De feito el vai tentar recortar os prazos, pero o importante é que non haxa recaída e que volva co ánimo e confianza dos últimos partidos", conclúe o preparador.
Relacionadas:
-
Ás voltas con a recuperación de Rufo: "A día de hoxe non sabemos cando vai empezar"
Por Diego Espiño |
-
A volta de Rufo, sen présa: "É certo que está a avanzar a súa recuperación pero é lenta"
Por Diego Espiño |
-
"Queremos volver á senda da vitoria sobre todo na casa, para tentar facer de Pasarón un fortín"
Por Diego Espiño |
-
O Unión Adarve acaba coa xeira positiva do Pontevedra (2-1)
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez avisa: "Se hai relaxación, hai saída do once"
Por Manu Otero |
-
A resonancia magnética descarta "fractura ósea aguda" no nocello de Rufo, pero estará varias semanas de baixa
Por Diego Espiño |
-
Rufo sofre unha escordadura de grao II no seu nocello
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra resolve en Segovia en 10 minutos e segue crecendo (0-2)
Por Diego Espiño |
-
Charles e Rufo afinan a súa puntería
Por Diego Espiño |