Poio Pescamar e Marín Futsal buscan a vitoria para recuperar a confianza, unhas; e reforzala, outras
Por Redacción
Poio Pescamar e Marín Futsal volven este sábado á acción. As vermellas reciben na Seca, ás 18.30 horas, ao Universidade de Alacante co obxectivo de volver á senda das vitorias tras o tropezo da pasada semana contra o Roldán. As do Morrazo, en cambio, viaxan a Zaragoza liberadas despois de conseguir traducir as boas sensacións do inicio de liga no primeiro triunfo da tempada na anterior xornada.
O cadro conserveiro, que non poderá contar con Anna Escribano, pendente dunha resonancia para coñecer o alcance da súa lesión; non se fía do rival a pesar de que aínda non coñece a vitoria. "É un equipo renovado pero moi difícil", din desde o club que necesita comezar a sumar de tres en tres para non descolgarse da parte alta da táboa.
Á mesma hora comezará o partido do Marín Futsal, que tratará de aproveitar a inercia da pasada semana para seguir escalando postos na clasificación. "O Zaragoza é un equipo que está feito para altas cotas. Está cheo de grandes individualidades, pero quizais lle falta esa conjuncion definitiva. Pero é un equipo perigoso. A súa mellor virtude é o roubo de balón e as transicións", explica o adestrador Raúl Jiménez.
Relacionadas:
-
Segunda derrota consecutiva do Poio Pescamar tras caer contra o Universidad de Alicante (1-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Segue a boa serie do Marín Futsal tras superar a domicilio o Zaragoza (1-3)
Por Redacción |
-
O maleficio do Poio Pescamar en Murcia continúa (6-4)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal xa sabe o que é gañar en Primeira División (3-2)
Por Redacción & Cristina Saiz |