O Arxil non cede e segue invicto á conta do Barakaldo (63-54)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O Club Baloncesto Arxil segue invicto esta tempada despois de gañar este sábado ao Barakaldo ante a súa afección.
As de Mayte Méndez comezaron o duelo con imprecisións, pero pronto tomaron as rendas para facerse coa súa sexta vitoria consecutiva grazas ao acerto ofensivo de Buzadzin, con 20 puntos, e de Heather Forster, con 8 rebotes (63-54),
Custoulle entrar no xogo ás locais, que empezaron cedendo un 0-5 no marcador ao non ser capaz de acertar de fronte ao aro durante os primeiros compases. Apareceu María Lago para anotar os primeiros dous puntos para o seu equipo cando se alcanzaba o minuto 3 e, a partir de aí, todo foi como unha seda.
Reforzou as porcas en defensa Mayte Méndez, pasando o Arxil a facerse cos rebotes e xerando opcións á contra, conseguindo así poñer un 18-9 ao finalizar o primeiro cuarto.
Seguiu facendo as súas o equipo verde, que chegou a poñerse cunha diferenza de ata 16 puntos. Con todo, lonxe de baixar os brazos, o Barakaldo apertou unha marcha máis e logrou reducir a desvantaxe en ata os 8 puntos cos que se alcanzou o descanso (38-26).
Despois do intermedio, o refacho arxilista continuou. Forster estaba a ser un muro en defensa, facéndose con cada rebote e enviando ás súas compañeiras Buzadzin e María Lago, que non fallaban de fronte ao aro. Tampouco erraban Johnson e Florencia para as visitantes, que coas súas tantos conseguían reducir aos poucos a distancia deixando todo por decidir no último acto (55-46).
Aí chegou o momento de maiores imprecisións para os dous equipos, que beneficiaban de maneira clara a un Arxil que era capaz de manter unha pequena renda que lle permitía seguir invicto. Pero o Barakaldo deu un pequeno susto ás locais, colocándose a tan só 6 puntos cando aínda quedaban 2 minutos por disputarse.
Moveu ficha Mayte Méndez, dando entrada a María Lago, Forster, Adams, Cristina Díaz e Buzadzin, as mellores da tarde, que souberon aguantar o asedio rival para sentenciar o encontro en 63-54.
Consulta as estatísticas do Arxil-Barakaldo
Relacionadas:
-
O Arxil remonta e reencóntrase coa vitoria 'in extremis' contra o Maristas Coruña (61-57)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Arxil perde o liderado e a imbatibilidade na súa visita a Almería (65-45)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil buscará seguir superándose na súa visita o Almería, segundo clasificado
Por Redacción |
-
O Arxil segue ao seu e supera o Melilla (66-60)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O partido entre Arxil e Melilla, marcado polo 25N
Por Redacción |
-
Dunja Buzadzin marca o ritmo do invicto Arxil
Por Diego Espiño |
-
O Arxil supera o León e segue imparable (44-66)
Por Redacción |
-
O Arxil pide o apoio da afección para derrotar o Barakaldo e seguir líder
Por Redacción |
-
O Arxil iguala o seu mellor inicio histórico na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil afiánzase no liderado tras levar o derbi contra o Cortegada (60-67)
Por Redacción |
-
O Arxil leva o derbi contra o Rosalía santiagués para seguir invicto (63-41)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Nerea Liste lidera a vitoria do Arxil fronte o Ibaizabal (62-72)
Por Almu Dapena |