Excesivo castigo para o Arosa contra o Langreo (1-3)
Excesivo castigo e inxusto resultado para o Arosa o deste domingo na Lomba contra o Langreo. O conxunto arlequinado dominou en todo momento gozando de infinidade de ocasións, pero a efectividade dos asturianos foi maior e de catro veces que chegaron á área de Manu Táboas anotaron os tres goles que lles deron a vitoria.
Saíu a por todas o Arosa, consciente da necesidade de gañar na casa e conseguir tres puntos máis para a súa marcadora. Así, colleu a batuta do encontro, dominando o esférico e xerando perigo en área rival pero sen ser capaz de materializar o que tiña. Unha delas foi para Luismi, pero un defensor rexeitou a córner e aí morreu a ocasión.
Pasados os cinco minutos igualouse a balanza. O Langreo empezou a querer o balón e os locais tamén pero sen ceder espazos que puidesen facer perigar o partido.
Pero Arosa deu un paso adiante, chegando con maior claridade ao área asturiana e presaxiando que o 1-0 estaría preto. Avisou Luís Nuño nun man a man contra Adrián Torre, gañando a partida o gardameta e posteriormente Porrúa, cun centro chute que obrigou a estirada do porteiro facendo unha boa parada que mantiña o empate no luminoso.
Con todo, os arousanos non se atopaban cómodos do todo, custáballes atopar espazos claros entre os xogadores do Langreo, moi ben posicionados sobre todo dentro da área.
Despois do descanso continuou o asedio arlequinado sobre a zaga asturiana, que achicaba balóns como podía e estaba a realizar un gran traballo defensivo.
De novo Luismi buscou o gol, pero tivo demasiado tempo para pensar e Adrián Torre botóuselle encima para despexar a córner. Iso si, un minuto despois, Julio Rey non perdoou. Porrúa foise pola banda e centrou ao primeiro pau ao capitán para que enchufara o esférico na rede visitante e así adiantar e conseguir o ansiado premio para os seus.
Moveu ficha o técnico asturiano, dando entrada a Abel, que nada máis entrar no campo devolveu as táboas tras un saque de córner. A partir aí o Arosa veu abaixo, e foi o Langreo o que aproveitou a situación para anotar o 1-2 cun golazo de Nacho de bolea imparable para Táboas.
Coa vitoria no peto, os visitantes pecháronse atrás, mentres Jorge Otero metía pernas frescas na Lomba para rascar un xusto empate. Pero foi o Langreo o que se atopou con outro botín xa no desconto. Dorian, a pase de Nacho, sentenciou a contenda nun excesivo 1-3 que deixa tocado aos arousanos.+
Durante o partido repartíronse entre os afeccionados 1.200 plátanos para recadar fondos para os afectados polo volcán Cumbre Vieja da Palma.
Galería de imaxes do partido entre Arosa e Langreo
Partido de Segunda RFEF entre Arosa e Langreo na Lomba. O conxunto arlequinado repartiu entre os aficionados 1.200 plátanos para recaudar fondos para os afectados polo volcán Cumbre Vieja da Palma
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Traballado triunfo do Arosa sobre o Salamanca (1-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Arosa golea o Ceares e reencóntrase coa vitoria (1-4)
Por Almu Dapena |
-
Saída vital do Arosa ao campo do Ceares asturiano: "Non estamos onde queremos, pero tampouco moi lonxe do obxectivo"
Por Redacción |
-
Plátanos a cambio de donativos para La Palma durante o Arosa-Langreo
Por Redacción |
-
Escaso botín para un Arosa que xogou máis dunha hora en superioridade (1-1)
Por Redacción |
-
Recuperar o céspede da Lomba require a reconstrución do terreo de xogo e custaría medio millón de euros
Por Redacción |
-
O Arosa non pode co invicto Avilés (2-1)
Por Almu Dapena |
-
Luismi conduce o Arosa cara á vitoria sobre o Navalcarnero (1-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |