Primeiro título individual do ano para Celia Cerviño, campioa do W15 de Castelló
Por Redacción
Importante triunfo para Celia Cerviño a fin de semana no W15 Club Tenis de Castelló.
A tenista pontevedresa alzouse na costa levantina co seu primeiro título individual do ano no circuíto internacional ITF despois dun torneo no competiu a gran nivel.
Cerviño non cedeu nin un só set no seu camiño á final, superando á búlgara Hanna Vinahradava (6-4 e 6-3), á española Paula Arias Manjón (6-1 e 6-3) e á maltesa Helene Pellicano (6-0 e 6-4).
En canto ao partido polo título, Celia tivo que remontar contra a arxentina Lucía Peyre nun duelo moi competido que finalizou na morte súbita (5-7, 6-1 e 7-6).
Este título chega tras marcar a pontevedresa a súa mellor posición histórica en ranking WTA o pasado 1 de novembro, momento no que ocupaba o posto 588 da clasificación cunha subida de máis de 200 postos desde o inicio da tempada.
O mellor resultado da campaña ata a data para Cerviño chegara coa final en maio no ITF 15.000 de Santa Margarita de Montbui, centrando desde entón o seu calendario en torneos de maior categoría.
Relacionadas:
-
Jéssica Bouzas e Celia Cerviño pechan a tempada co seu mellor ranking WTA
Por Diego Espiño |
-
Celia Cerviño remata unha agridoce xira polo Mediterráneo
Por Redacción |
-
Celia Cerviño volverá en xullo ás pistas máis forte ca nunca
Por Manu Otero |
-
Celia Cerviño, da pista de tenis ao frontón do edificio de Facenda
Por Diego Espiño |
-
Celia Cerviño ou a ilusión de dedicarse ao tenis profesional desde Pontevedra
Por Diego Espiño |