Primeira xornada na casa da tempada para o Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión
Por Redacción
Despois do seu histórico debut en Europa, o Tenis de Mesa Monte Porreiro volve á actividade doméstica coa primeira xornada na casa da tempada na Superdivisión masculina.
O conxunto pontevedrés, que na primeira xornada do torneo caeu en Santiago fronte ao Arteal, buscará sumar ademais o seu primeiro triunfo do curso na visita ao pavillón de Príncipe Felipe do San Sebastián de los Reyes (domingo, a partir das 11.00 horas).
A cita servirá para ver por primeira vez en acción en Pontevedra ás fichaxes do equipo, como o ruso Ilia Isakov e o internacional español Miguel Ángel Vílchez.
"Sabemos que vai ser moi complicado ante os madrileños, equipo moi completo", sinalan desde o Monte Porreiro.
Coincidindo coa xornada de Superdivisión celebraranse tamén encontros das ligas galegas.
En canto aos equipos do Tenis de Mesa Monte Porreiro na División de Honra, o feminino actuará esta fin de semana a domicilio contra o Narón e o filial masculino viaxará a Vilagarcía.
Relacionadas:
-
Primeiro triunfo en liga para o TM Monte Porreiro á conta do San Sebastián de los Reyes (4-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O TM Monte Porreiro saca billete para a Trophy e segue vivo en Europa
Por Almu Dapena |
-
Esforzo sen recompensa para o Monte Porreiro na primeira xornada do seu histórico debut en Europa
Por Diego Espiño |
-
O TM Monte Porreiro pon rumbo á República Checa para debutar en Europa "sen presión"
Por Diego Espiño |
-
O internacional Míguel Ángel Vílchez e o ruso Ilia Isakov, reforzos do Monte Porreiro para o seu desafío europeo
Por Diego Espiño |