
© Cristina Saiz
Primeiro triunfo en liga para o TM Monte Porreiro á conta do San Sebastián de los Reyes (4-1)

© Cristina Saiz
O Tenis de Mesa Monte Porreiro logrou este domingo o seu primeiro triunfo en liga tras superar ao San Sebastián de los Reyes por un contundente 4-1. O conxunto pontevedrés estreouse no Príncipe Felipe cunha importante vitoria diante da súa afección na que foi a segunda xornada da Superdivisión masculina.
Arrincou da mellor maneira Miguel Ángel Vílchez ante Rafael das Heras, superándoo en 3-1 e gañando o primeiro punto para o Monte Porreiro. O mesmo resultado conseguiu o ruso Ilia Isakov sobre Youseff Mohamed Abdelaziz.
Non correu a mesma sorte Nico Galvano, que disputou o duelo máis completo e entretido da xornada e que se decidiu no último xogo. O local, a pesar de gañar os dous primeiros xogos contra Andrei Baiduldin, cedeu nos tres seguintes, caendo derrotado por un axustado 2-3.
Co San Sebastián metido de cheo no partido, era a quenda de novo das fichaxes deste ano do Tenis de Mesa Monte Porreiro, Ilia Isakov e Vílchez. Ambos superaron, aínda que con dificultade, a Rafael das Heras e Andrei Baibuldin por 3-0, dando así a primeira vitoria de liga ao equipo pontevedrés por 4-1.
Consulta a acta do TM Monte Porreiro e o San Sebastián de los Reyes
Partido de Superdivisión masculina entre o TM Monte Porreiro e o San Sebastián de los Reyes
Segunda xornada da Superdivisión masculina de tenis de mesa entre o Monte Porreiro e o San Sebastián de los Reyes
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro rasca un empate fronte ao Arteal na primeira xornada de liga do ano
Por Redacción |
-
A covid deixa sen Xogos Panamericanos a Martín Bentancor cando xa se atopaba en Colombia
Por Diego Espiño |
-
Importante triunfo do TM Monte Porreiro fronte a L'Escala para mirar cara arriba na Superdivisión
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro non pode contra o invicto Asisa Borges Vall (4-2)
Por Redacción |
-
Primeira xornada na casa da tempada para o Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro saca billete para a Trophy e segue vivo en Europa
Por Almu Dapena |
-
Esforzo sen recompensa para o Monte Porreiro na primeira xornada do seu histórico debut en Europa
Por Diego Espiño |