A volta de Rufo, sen présa: "É certo que está a avanzar a súa recuperación pero é lenta"
Por Diego Espiño
Por primeira vez esta tempada o Pontevedra Club de Fútbol quedou a cero, sen ver porta no encontro que lle enfrontaba ao Navalcarnero correspondente á xornada 11 de liga. Por ese motivo moitos dos afeccionados presentes en Pasarón acordáronse dun dos seus ídolos, o dianteiro Rufo, lesionado no seu nocello desde hai varias semanas.
Os que madrugaron para chegar ao estadio pontevedrés puideron ver ao ariete madrileño correndo sobre o céspede, unha imaxe que disparaba o optimismo dun regreso cada vez máis próximo.
Con todo na rolda de prensa posterior ao partido Ángel Rodríguez encargouse de rebaixar esa sensación asegurando que se trata de "unha lesión coa que temos que ter calma".
Rufo caeu lesionado o pasado 24 de outubro en Segovia, sendo diagnosticado días despois cunha "escordadura de grao II-III con edema óseo postraumático en astrágalo". Esta doenza, recoñeceron desde o club, conta cun período estimado de baixa de entre 4 e 6 semanas, o que levaría o horizonte do regreso do goleador ata o mes de decembro.
"Queda aínda para recuperar, é certo que está a avanzar a súa recuperación pero é lenta", sinalou este domingo o técnico granate defendendo que "todos sabemos que é un xogador fundamental para nós, pero entendo que o fundamental para el e para nós é que se recupere ben e que cando volva o faga sen nigún problema", resolveu Ángel Rodríguez descartando ao seu futbolista polo menos para a próxima xornada de liga, na que o Pontevedra visitará o campo do Real Avilés.
Relacionadas:
-
Ás voltas con a recuperación de Rufo: "A día de hoxe non sabemos cando vai empezar"
Por Diego Espiño |
-
Romay e Rufo, descartados para Langreo: "A dinámica do equipo é boa e permítenos ser prudentes"
Por Diego Espiño |
-
Golpe de autoridade do Pontevedra vencendo e convencendo en Avilés (0-3)
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez avanza cambios en Avilés: "Hai que darlle unha volta a todo cando veñen dous partidos sen vitorias"
Por Diego Espiño |
-
O Avilés-Pontevedra, en horario matinal por votación popular
Por Diego Espiño |
-
Santi Figueroa, Pablo López e Jacobo, os 'esquecidos' de Ángel Rodríguez
Por Diego Espiño |
-
O esperado derbi entre Pontevedra e Arosa na Segunda RFEF xa ten data e hora
Por Redacción |
-
Dominio estéril do Pontevedra diante dun defensivo Navalcarnero (0-0)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Rufo trata de acurtar prazos pero o adestrador asume que o seu regreso tardará, polo menos, tres semanas
Por Manu Otero |
-
A resonancia magnética descarta "fractura ósea aguda" no nocello de Rufo, pero estará varias semanas de baixa
Por Diego Espiño |
-
Rufo sofre unha escordadura de grao II no seu nocello
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra resolve en Segovia en 10 minutos e segue crecendo (0-2)
Por Diego Espiño |