O equipo pontevedrés "Ponte a correr" goza a mítica Behobia-San Sebastián
Por Oskar Viéitez
Tania, Marisé, Chema, Santi, Gonzalo, Juanjo, Manu e Miguel son un grupo de pontevedreses que forman parte do equipo "Ponte a correr" que esta fin de semana desprazáronse a Euskadi para participar na 56º carreira Behobia-San Sebastián.
A Behobia, como a coñecen os corredores, celébrase todos os novembros desde hai máis de cincuenta anos. É unha das citas máis destacadas do calendario do atletismo popular como demostraron as 25.379 persoas inscritas. Alcanzaron a meta 20.270.
O equipo de "Ponte a correr" saíu da cidade do Lérez en tres coches na véspera da proba, o sábado ás oito da mañá. Na súa viaxe de regreso a casa destacaron desta experiencia o grao de implicación da cidadanía na celebración desta carreira rompepernas.
A Behobia ten certo grao de dificultade pero aseguran os de "Ponte a correr" que se superan con máis facilidade grazas á calor e á animación que brinda o público, con aplausos e aclamacións a todos os corredores, durante practicamente os vinte quilómetros de percorrido sinuoso e bastante duro.
E é que esta proba é un acontecemento popular que xera moita expectación e cun público que premia o esforzo dos participantes levándoo en volandas. Tamén resaltaron a boa organización do evento.
A carreira ten saída no barrio irunés de Behobia, (na fronteira de Francia) e a meta está no Boulevard de San Sebastián, xunto ao mar. Polo medio a subida a un par de portos de estrada (Gaintxurizketa e Miracruz) que poñen a proba aos corredores con subidas realmente esixentes e baixadas traicioneramente rápidas.
A pontevedreses Tania, Miguel e Manu estreábanse nesta mítica proba na que a máscara era obrigatoria tanto na saída como na chegada. Os corredores debían utilizar o protector nos caixóns e ata pasar polo arco de saída. Durante o percorrido puideron correr sen máscara pero debían conservala xa que a tiñan que volver poñer tras cruzar a meta e ata recibir a bolsa individual de avituallamento, que este ano incluía a medalla. En caso de perda ou rotura, a organización dispoñía de máscaras.
A txapelas de gañadores leváronllas a berciana Nuria Lugeros cun tempo na liña de meta de 1 h12:53 e o guipuscoano Eneko Agirrezabal (1:01:41).
A nosa veciños Tania, Marisé, Chema, Santi, Gonzalo, Juanjo, Manu e Miguel celebraron a súa participación na Behobia cunha comida nunha sidraría típica das moitas que hai en Guipúscoa. Este martes xa están de volta en Pontevedra cunha gran historia para contar.