O Pinarium déixase ver no Cros Internacional de Atapuerca
Por Redacción
O Cros Internacional de Atapuerca, na provincia de Burgos, é unha das carreiras campo a través con maior prestixio de Europa, e na súa XVII edición o Club Deportivo Pinarium quixo gozar dela.
Desde Marín desprazáronse á cita varios dos seus deportistas de base acompañados de técnicos e familiares.
Fixérono ademais con grandes resultados, ao conseguir Pablo Barreiro o segundo posto na categoría sub-12 co seu compañeiro Martín Otero no sétimo lugar competindo ante deportistas de toda España.
Un resultado que desde o propio club cualificaron de "sorprendente" polo alto nivel da competición en todas as súas categorías e que "nos anima a seguir traballando para poder continuar crecendo e aprendendo como club", aseguran.