Xornada cargada de esixencia para o pechacancelas Teucro e o invicto Cisne
Por Redacción
A sétima xornada de División Honra Prata chega este sábado cargada de esixencia para Teucro e Cisne.
O Teucro repite xornada ante a súa afección (sábado, 20:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes) para enfrontarse ao Villa de Aranda, recentemente descendido de Asobal e oitavo clasificado. Contra el, buscarán conseguir a súa primeira vitoria da tempada tras non puntuar aínda.
O duelo, segundo a adestradora teucrista, Irene Vilaboa, será "igualado y duro". O Villa de Aranda é un equipo "grande, con experiencia y con aspiraciones a estar en la máxima categoría", ademais será un partido "de urgencias para ambos equipos, cada uno con sus objetivos, pero quien sea capaz de templar mejor los nervios, quien sea capaz de tener menos perdidas de balón y menos errores de lanzamiento será el que pueda disputar del partido y llevarse los puntos", asegura. En canto ás baixas, espera contar con todos os efectivos dispoñibles a excepción de Miguel Sío.
Todos os asistentes ao partidos poderán participar no sorteo de tres prendas oficiais da Sociedad Deportiva Teucro e, ademais, o club poñerá a disposición a Lotería de Nadal con número 74764.
O CISNE VISITA ALCOBENDAS
Con todos os partidos gañados e liderando a clasificación atópase o Cisne, que xogará fóra da casa por segunda xornada consecutiva. Nesta ocasión, o equipo dirixido por Jabato viaxará a Madrid para enfrontarse este sábado ás 18:30 horas ao Alcobendas, segundo clasificado da División Honra Prata e que só perdeu un partido na casa contra o Guadalajara (29-33).
"Es un equipo que propone muchas cosas diferentes. En seis partidos de liga han defendido de diferentes formas y saben adaptarse al rival en función de lo que exige el partido", explica o segundo adestrador cisneísta, Quiños, que avanza que será "un partido complicado en el que hay que currar mucho para sacar puntos".
Relacionadas:
-
O Teucro planta cara ao Villa de Aranda pero volve estrelarse (28-34)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Alcobendas rompe 'in extremis' e con polémica coa imbatibilidade do Cisne (31-30)
Por Almu Dapena |
-
O Teucro non esperta do seu pesadelo (28-32)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Sufrida vitoria do Cisne na cancha do Zamora (28-31)
Por Almu Dapena |
-
O seguro ofreceu a Miguel Sío facer "unha excepción" para custear a súa operación de xeonllo
Por Diego Espiño |
-
O Teucro e o Concello repiten experiencia para concienciar os escolares sobre 'saúde, alimentación e actividade física'
Por Redacción |