O TM Monte Porreiro non pode contra o invicto Asisa Borges Vall (4-2)
Por Redacción
O Tenis de Mesa Monte Porreiro sufriu esta fin de semana unha derrota na Superdivisión Masculina. Despois de gañar por un contundente 4-1 ao San Sebastián de los Reyes a pasada xornada, os pupilos de Nando Álvarez desprazáronse a Lleida para enfrontarse ao invicto Asisa Borges Vall, contra o que caeron por 4-2.
Non tiveron fortuna os xogadores do equipo pontevedrés nos dous duelos iniciais. Primeiro saltaron á cancha Mark Durán e Ilia Isakov, cedendo o xogador do Monte Porreiro por 3-0. O mesmo resultado obtívoo Viktor Sven contra Martín Bentancour.
Co 2-0 no marcadore global, aos de Nando Álvarez tocáballes remar ao contraxeito se querían sacar algo de proveito do duelo.
Chegou a quenda de Alberto Lillo e de Nico Galvano, que deron unha lección de tenis de mesa chegando ata o último xogo, que se decidiu por un 10-12 a favor do Monte Porreiro. Máis rápido finalizou o duelo entre Viktor Sven e Ilia Isakov, gañando o Isakov por un 3-0 co que igualaba a contenda (2-2).
Con todo, Nico Galvano e Martín Bentancor non correron a mesma sorte contra Marc Durán e Alberto Lillo. Galvano, que gañara o seu primeiro partido, cedeu nesta ocasión ante Durán por 1-3, mentres que Bentancor foise sen carga despois de caer ante Lillo. Tivo o empate no peto o xogador do Monte Porreiro despois de remontar o primeiro xogo (5-11, 11-5, 11-7), pero foi ao de Lleida ao que non lle tremeu o pulso e igualou (6-11) para posteriormente sentenciar no quinto e último xogo por un axustado 9-11.
Con este resultado, o Monte Porreiro suma a súa segunda derrota en liga fronte a unha vitoria e sitúase na cuarta posición empatado a puntos co Arteal (segundo) e co San Sebastián de los Reyes (terceiro). A clasificación do grupo 2 da Superdivisión Masculina péchaa o L'Escala con cero puntos.
Consulta a acta do Asisa Borges Vall- TM Monte Porreiro