Gonzalo Inguanzo, do Froiz, agarra o liderado sub-23 na Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción
A falta dunha proba para que chegue ao seu fin a Copa de España de Ciclocrós, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz conseguiu agarrar a camisola de líder na clasificación xeral sub-23 masculina.
Fíxoo por medio do seu corredor Gonzalo Inguanzo, segundo este domingo no IX Ciclocross de Alcobendas.
O cántabro do Froiz protagonizou un bonito duelo co elite Ismael Esteban, que finalmente se impuxo con 34 segundos de diferenza. Terceiro, a 51 segundos do vencedor, foi Mario Junquera.
A clasificación xeral da Copa de España, a falta da última cita puntuable o 19 de decembro en Tarancón, segue comandada por David van der Poel, pero agora con Inguanzo como mellor sub-23.
A representación do Froiz en Alcobendas completárona por unha banda Miguel Rodríguez cun cuarto posto na xeral e un segundo sub-23, e polo outro Uxía Soto e Laura Mira, que non tiveron o seu mellor día ao verse afectadas por un problema mecánico e unha caída respectivamente.
Relacionadas:
-
Miguel Rodríguez, do Froiz, campión da Copa de España sub23 de ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo e Miguel Rodríguez campións indiscutibles na dobre xornada de Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz ficha o ex profesional Carmelo Urbano
Por Redacción |
-
Carla Fernández, do Farto, e Miguel Rodríguez, do Froiz, gañadores indiscutibles da Copa Galicia no Rosal
Por Redacción |
-
Tres ciclistas do Froiz poñen rumbo ao Europeo de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Gonzalo Inguanzo logra un dobre podio para o Froiz en Burgos
Por Redacción |