As escolas deportivas de Poio pechan o seu prazo de anotación con 541 rexistrados
Por Redacción
As Escolas Deportivas de Poio funcionan xa a pleno rendemento, superado o seu período de inscrición.
En total, segundo confirma a edil de Deportes Marga Caldas, o prazo de anotación pechou con 541 nenas e nenos rexistrados, o que supón un incremento do 30% con respecto á pasada tempada, que estivo condicionada pola incidencia da pandemia.
Caldas fai un balance positivo do inicio das actividades con once modalidades deportivas propostas, entre as que destaca o regreso do baloncesto.
"En Poio hai unha gran canteira de deportistas en diferentes categorías e niveis", destaca a concelleira valorando o "gran traballo que desenvolven os clubs do noso municipio, en colaboración co Concello, para manter unha oferta deportiva de nivel. Temos claro que o deporte é sinónimo de saúde e esa vai continuar sendo a nosa aposta", sinalou.
Por outra banda a responsable municipal ha confirmado a intención de recuperar a xornada de presentación das Escolas Deportivas, que antes da covid desenvolvíase cunha multitudinaria xornada no pavillón da Seca e á que agora se lle busca novo formato sacándoo ao exterior. "O ideal é facelo en primavera ou a principios de verán, para que as condicións meteorolóxicas acompañen e as escolas poidan saír á rúa para ofrecer información sobre o seu traballo á veciñanza", avanzou a edil.