As lesións lastran o Bádminton Ravachol na súa visita ao campión Oviedo
Por Redacción
Era un reto complicado e as lesións elevaron aínda máis a dificultade. O Club Bádminton Ravachol Pontevedra desprazábase a fin de semana a Oviedo na terceira xornada de liga na División de Honra para medirse ao actual campión, o CB Oviedo.
A xornada comezou xa a contrapé ao non poder presentar o Ravachol o dobres mixto debido aos problemas físicos que atravesan varios dos seus xogadores, e púxose case imposible ao perder Jacobo Fernández e Manuel Brea contra unha das mellores parellas do panorama nacional, a Alberto Zapico e Javier Suárez (4-11, 3-11, 7-11), e tamén Georgina Bland e Elena Fernández contra Lorena Uslé e Claudia Leal (7-11, 10-11,10-11).
Nas roldas de individuais Georgina Bland elevaba a moral gañando a Lorena Uslé en tres sets (11-2, 11-6, 11-10), pero nin Gabriel Fernández, nin Jacobo Fernández nin Elena Fernández, especialista en dobres pero que tivo que afrontar un duelo individual polas ausencias, conseguiron gañar os seus encontros pechando a xornada cun contundente 6-1.
A pesar da derrota "o resultado non embaza as boas sensacións que o equipo está a ter no arranque da tempada. Esperamos poder recuperar efectivos para as próximas xornadas e volver ser competitivos", sinalou o adestrador do equipo pontevedrés, Jesús Pereiro.
A próxima xornada lugar terá lugar o 18 de decembro en Pontevedra, onde o Ravachol recibirá o Arjonilla de Xaén, equipo co que está empatado a puntos na clasificación.
Relacionadas:
-
Derrota axustada do Ravachol ante o líder IES La Orden (3-4)
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol perde no duelo directo contra o Arjonilla (6-1)
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol refórzase con Lucía Rodríguez, número 1 mundial en categoría júnior
Por Redacción |
-
A "experiencia inesquecible" do pontevedrés Javier Rey no Mundial de Bádminton
Por Redacción |
-
O xogador do Ravachol Javier Rey pon rumbo ao mundial sénior de bádminton
Por Redacción |
-
Primeira vitoria da tempada para o Ravachol nun partido de infarto ante o Benalmádena (4-3)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O Bádminton Ravachol inicia a liga con derrota pero plantando cara ao potente IES La Orden
Por Redacción |