A Carballeira de Ribadumia estréase como sede da Copa Galicia de Ciclocrós
Por Redacción
O vindeiro domingo 28 de novembro será unha xornada de estrea en Ribadumia.
Por primeira vez a Copa Galicia de Ciclocrós aterra no municipio co I Ciclocrós Concello de Ribadumia, na que será a undécima proba puntuable do certame autonómico.
A Carballeira da localidade acollerá unha competición que dará comezo á primeira hora, ás 9.30 horas, coas carreiras máster, e terá continuidade ás 11.30 horas coas probas de categoría cadete e ás 12.30 horas coas elite, sub-23 e júnior.
A proba, que foi presentada este martes no Concello de Ribadumia, disputarase nun circuíto de 3.150 metros esperando unha importante participación de ciclistas chegados desde diferentes puntos de Galicia.
Relacionadas:
-
Irene Trabazo e Miguel Rodríguez campións indiscutibles na dobre xornada de Copa Galicia
Por Redacción |
-
A Copa Galicia de Ciclocrós regala unha bonita xornada deportiva en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Carla Fernández, do Farto, e Miguel Rodríguez, do Froiz, gañadores indiscutibles da Copa Galicia no Rosal
Por Redacción |
-
Fin de semana redonda para o Froiz na Copa Galicia de Ciclocrós
Por Redacción |