O Team Farto renova a súa licenza de categoría UCI Continental
Por Diego Espiño
A gran aposta do Team Farto - BTC, primeiro equipo ciclista profesional feminino de Galicia, terá continuidade a próxima tempada.
A escuadra pontevedresa confirmou que en 2022 seguirá contando con licenza UCI Continental, prolongando desta maneira o soño iniciado este curso.
O Team Farto gozou na campaña recentemente finalizada dunha gratificante experiencia que lle levou a tomar parte dalgunhas das mellores carreiras do panorama nacional e internacional, como fixo por exemplo en La Vuelta ao ser convidado polo seu notable rendemento previo.
De feito o Farto concluíu o ano como o sétimo mellor equipo do ranking nacional (416 puntos), non moi lonxe do quinto lugar ocupado por un xigante como o Movistar Team (quinto con 616 puntos). O Massi Tactic Women Team foi o vencedor desta clasificación con 1.548 puntos.
A nivel individual a holandesa Agnieta Francke foi a principal punta de lanza do equipo pontevedrés, finalizando no posto 27 do ranking nacional, con Melissa Maia en 34 e Teresa Ripoll no 37.
O Team Farto traballa agora na confección do novo plantel, na que xa se coñece a continuidade dun dos grandes valores do ciclismo galego como a viguesa Carla Fernández, mentres que a portuguesa Liliana de Jesus puxo punto e final á súa etapa coas pontevedresas despois de dous anos.
Relacionadas:
-
O ciclismo elite e sub-23 feminino cítase en Pontevedra na segunda proba da Copa de España
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Prometedor inicio de tempada para o Farto, cun segundo posto no Trofeo Costa de Almería
Por Redacción |
-
O Team Farto presenta o equipo para a súa segunda tempada na elite
Por Redacción |
-
A Selección de Galicia de ciclocrós regresa con 10 medallas do Campionato de España disputado en Xátiva
Por Redacción |
-
Nove incorporacións para o segundo proxecto do Farto en categoría profesional
Por Redacción |
-
Irene Trabazo e Miguel Rodríguez campións indiscutibles na dobre xornada de Copa Galicia
Por Redacción |
-
Carla Fernández, renovación co Team Farto e convocatoria para o Europeo de Ciclocrós
Por Redacción |