O Poio Pescamar deixa escapar a vitoria a falta de 30 segundos (2-2)
Por Almu Dapena
O Poio Pescamar deixou escapar a vitoria ante o Torreblanca cando xa a tiña case en bandexa. A falta de 30 segundos para o bocinazo final, Guti igualou a contenda e deixou ás conserveiras co mel nos beizos.
Dominou o Poio durante os primeiros compases cunha ocasión de Ana Rivera á que responderon as locais nun man a man de Nona ante Lucía Paz.
Subía a presión o equipo de Melilla a tres cuartos de cancha, mentres as vermellas levaban a batuta e gozaban de ocasións con disparos a media distancia. Pero foi o Torreblanca o que se adiantou por mediación de Bía tras un erro na saída de balón do Poio. Reaccionaron as galegas cunha ocasión de Irene despúes de que Manu Cossío pedise tempo morto pero sen ser capaces de igualar a contenda.
Despois do descanso foron as locais as que aplicaron maior intensidade ao seu xogo, mentres as conserveiras tentaban sorprender con senllos contragolpes mentres o Torreblanca facía o propio con disparos a media distancia.
Devolveu as táboas Luci aos 32 minutos despois dunha contra que conduciu Jane, que abriu cara á esquerda para que Irene centrase ao corazón da área onde a 19 do Poio rematou á rede.
E a tres para o final, o Poio realizou unha boa transición ofensiva que finalizou con Jane un gol de Jane a pase de Luci, que colocaba ás vermellas por diante no duelo.
O técnico local decidiu pasar a xogo de cinco con Guti, e a falta de 30 segundos, cando o Poio Pescamar xa estaba a saborear a vitoria, Bía estrelaba un remate ao pau que quedaba solto e Guti aproveitaba para empatar e anotar o 2-2 co que concluíu o encontro.
TORREBLANCA (2): Sara Soares; Lydia, Silvina, Juliana e Bía (quinteto inicial). Tamén xogaron, Jhennif, Shulha, Guti, Nona, Thais e Vicky.
POIO PESCAMAR (2): Lucía Paz; Irene García, Martita, Agostina Chiesa e Dani Sousa (cinco inicial). Tamén xogaron, Dupuy, Luci, Jane e Ana Rivera.
Goles: 1-0, min. 16 Bía. 1-1, min. 32 Luci. 1-2, min. 37 Jane. 2-2, min. 40 Guti
Incidencias: Javier Imbroda. Colexiados, Carrillo Arroyo e Moreno Reina. Amoestaron a Lydia no Torreblanca e Julia Dupuy e a un membro do corpo técnico no Poio Pescamar.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar despide o ano con remontada e goleada ao Penya Esplugues (1-5)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar estrélase en ataque e cede no derbi ante o Ourense Envialia (1-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Pase a oitavos de final de Copa para o Poio Pescamar tras vencer o Valdetires en Ferrol (1-4)
Por Redacción |
-
Goleada do Poio Pescamar sobre un Majadahonda sen opcións (5-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar recupera efectivos para medirse ao Majadahonda
Por Redacción |
-
Duro golpe para o Poio Pescamar na Seca contra o líder Navalcarnero (2-6)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar regresa á senda da vitoria en Leganés (2-4)
Por Almu Dapena |
-
Segunda derrota consecutiva do Poio Pescamar tras caer contra o Universidad de Alicante (1-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O maleficio do Poio Pescamar en Murcia continúa (6-4)
Por Redacción |
-
Tropezo do Poio Pescamar contra o recentemente ascendido Atlético Torcal (3-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |