Irene Trabazo e Miguel Rodríguez campións indiscutibles na dobre xornada de Copa Galicia
Por Redacción
A elite Irene Trabazo (XSM) e o sub23 Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz) foron os campións indiscutibles da dobre xornada da Copa Galicia celebrada durante esta fin de semana na Cañiza e en Ribadumia.
A auga e os desniveis foron os protagonistas do I Trofeo Ciclocrós Concello de Cañiza, que arrincou na zona do Cámping Carballo do Marco. O líder absoluto da Copa, Miguel Rodríguez, non tivo opoñente durante a primeira volta da carreira elite- sub23, que liderou sen dúbida.
Co paso dos quilómetros foron abrindo oco os elite Rubén Deaño (Ourense Termal) e Samuel González (Máis Que Bicis) ademais do sub23 Anxo Carril (Coruxo), con todo, foi o ciclista da escuadra conserveira o que se impuxo cun tempo de 56 minutos e 11 segundos. O podio sub23 completouno Fabián Rodríguez (Supermercados Froiz).
A carreira feminina elite- sub23 e júnior tivo un guion parecido. Irene Trabazo fuxiuse sen oposición e o duelo produciuse polo segundo posto, no que Carla Fernández ( Team Farto- BTC) superou por tres segundos a Laura Mira (Supermercados Froiz) quedando segunda e terceira respectivamente. Fernández foi a líder sub23 e Mira a primeira clasificada júnior.
RIBADUMIA
A Copa Galicia celebrou a súa segunda cita o domingo en Ribadumia cun circuíto curto de 2,5 quilómetros e moi rápido cunha baixada perigosa e tres curvas moi pechadas.
Nesta ocasión, tanto Miguel Rodríguez como Laura Mira repetiron as mesmas posicións que na xornada anterior, proclamándose campións das súas categorías. Irene Trabazo e Carla Fernández fixeron o propio en categoría elite e sub23.
Relacionadas:
-
Inguazo e Rodríguez, do Froiz, protagonistas no mundial de ciclocrós
Por Redacción |
-
A Selección de Galicia de ciclocrós regresa con 10 medallas do Campionato de España disputado en Xátiva
Por Redacción |
-
Protagonismo pontevedrés no Campionato Galego de Ciclocrós disputado en Maceda
Por Redacción |
-
Miguel Rodríguez, do Froiz, campión da Copa de España sub23 de ciclocrós
Por Redacción |
-
O Team Farto renova a súa licenza de categoría UCI Continental
Por Diego Espiño |
-
A Carballeira de Ribadumia estréase como sede da Copa Galicia de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Gonzalo Inguanzo, do Froiz, agarra o liderado sub-23 na Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
A Copa Galicia de Ciclocrós regala unha bonita xornada deportiva en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Carla Fernández, do Farto, e Miguel Rodríguez, do Froiz, gañadores indiscutibles da Copa Galicia no Rosal
Por Redacción |