Romay e Rufo, descartados para Langreo: "A dinámica do equipo é boa e permítenos ser prudentes"
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol non correrá riscos cos seus lesionados, e aínda que no caso de Rufo podería estar a asomar xa a cabeza nas covocatorias de ser necesario, seguirá á marxe para superar por completo a súa doenza no nocello.
Así o asegurou este xoves o técnico granate, Ángel Rodríguez, revelando que os problemas musculares que arrastra desde hai dúas semanas Romay, e que nun inicio fora diagnosticados como unha sobrecarga, son finalmente algo máis importantes. En concreto ao centrocampista realizáronselle novas probas, mediante unha ecografía, que revelaron unha microrrotura muscular, polo que a súa presenza na convocatoria desta fin de semana para visitar o Langreo está descartada.
"Non queremos forzar a situación dun xogador que no canto de telo parado 10-15 días podiamos telo un mes e medio", defendeu Rodríguez, aínda que avanzando que a previsión é que "partir do mércores empezará seguramente a adestrar co equipo con total normalidade".
Caso distinto é o de Rufo, que segue exercitándose en solitario pero que "seguramente noutras condicións teríamos forzado a situación para poder telo", recoñece o adestrador granate.
Con todo "a dinámica do equipo é boa e permítenos ser prudentes. Penso que o temos que ter na segunda volta a tope e non forzar se o equipo vai ben como vai ata o de agora", asegurou.
Ademais de Romay e Rufo, tamén segue á marxe do grupo o canteirán Iñaki Martínez.
Relacionadas:
-
A enfermería do Pontevedra suma a Oier Calvillo pero espera baleirarse para a primeira xornada do ano
Por Diego Espiño |
-
Charles culmina de penalti no 89 unha traballada remontada do Pontevedra en Langreo (1-2)
Por Diego Espiño |
-
Langreo, un partido especial para Ángel Rodríguez: "Vaime traer bos recordos"
Por Diego Espiño |
-
Churre, o primeiro apercibido no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Unha metamorfose cimentada na solidez defensiva
Por Diego Espiño |
-
Charles iguala a Neme como segundo máximo goleador histórico do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Curto e xusto triunfo dun Pontevedra dominador fronte a un ordenado pero inofensivo Arosa (1-0)
Por Cristina Saiz & Ramiro Espiño |
-
A volta de Rufo, sen présa: "É certo que está a avanzar a súa recuperación pero é lenta"
Por Diego Espiño |
-
A resonancia magnética descarta "fractura ósea aguda" no nocello de Rufo, pero estará varias semanas de baixa
Por Diego Espiño |