Derrota do Marín Futsal na pista do flamante campión de Europa, o Burela (4-0)
Por Redacción
Pouco puido facer este luns o Marín Futsal na pista do todopoderoso Burela Pescados Rubén, no encontro que pechaba a décima xornada de liga na Primeira División.
O conxunto lugués, sen apenas descanso tras proclamarse esta fin de semana campión na Women’s European Champions, non notou a fatiga e someteu ao cadro marinense.
As xogadoras adestradas por Raúl Jiménez defendéronse con orde deixando o paseo do choque ás locais, pero o que non contaba é con verse pronto por detrás no marcador froito dunha acción desafortunada. Era o minuto 6 e tras unha xogada persoal Emily centraba ao corazón da área e a marinense Ceci, tentando evitar o remate dunha rival, introcudía o balón na súa propia portería.
Aínda que o Marín tentou reaccionar equilibrando o xogo, de novo o que golpeou foi o Burela a cinco minutos do descanso. Foi nun disparo de Emiliy tras unha falta que golpeou no poste e pegou nas costas de Fleitas para entrar ao fondo da rede.
Non se rendeu o conxunto marinense, aínda que a pegada era para as locais, que estiveron preto do 3-0 nun disparo de Dany á madeira. Non o o conseguiron aí pero si cando máis apertaban as visitantes, por medio de Ale de Paz.
Raúl Jiménez tentou queimar todas as naves apostando entón polo xogo de cinco, sen resultado, xa que foi o Burela o que completou a goleada co 4-0 final.
Tras este choque a competición non para e o Marín Futsal céntrase xa na primeira rolda da Copa da Raíña, que disputará este mesmo mércores 8 de decembro na cancha do Viaxes Amarelle.
Relacionadas:
-
O Marín Futsal pon o broche de ouro ao 2021 noqueando o Atlético Torcal (6-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Marín Futsal e Poio Pescamar queren despedir o ano con bo sabor de boca
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro para o Marín Futsal tras remontar contra o Majadahonda (1-2)
Por Almu Dapena |
-
O Marín Futsal avanza na Copa da Raíña tras superar o Viaxes Amarelle (4-5)
Por Redacción |
-
A ilusión da Copa da Raíña contaxia a Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |
-
Cita complicada para o Marín Futsal ante un Burela recentemente proclamado campión de Europa
Por Redacción |
-
Vitoria do Marín Futsal sobre o Alcorcón para recuperar sensacións (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Goleada do Móstoles ao Marín para romper coa súa boa serie (6-2)
Por Almu Dapena |