Sen confianzas na visita do pechacancelas Ceares a Pasarón: "Queremos ser primeiros canto antes"
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol recibe este domingo (17.00 horas) en Pasarón o último clasificado, o UC Ceares, co obxectivo de manter o seu bo momento de forma e estreitar a distancia que lle separa do liderado.
Ángel Rodríguez a fala abertamente dese obxectivo, e así o recoñeceu este venres en rolda de prensa descartando calquera tipo de exceso de confianza no equipo. "Non fixemos nada, queremos ser primeiros canto antes e a única maneira de meter presión ao Unión Adarve é seguir con vitorias e crecendo como equipo", sinalou o técnico.
O conxunto granate medirase a un rival, o asturiano, que na súa estrea na categoría só sumou un punto de 21 posibles lonxe do seu estadio. Con todo "é un equipo que seguramente ten menos puntos dos que merece", avisa Rodríguez, porque "sempre compiten".
O adestrador pontevedrés verase obrigado a introducir unha variación no once pola sanción de Churre. "Temos claro quen vai xogar nesa posición", recoñece sobre a entrada no centro da defensa dun novo xogador, partindo con vantaxe Samu Santos. Ademais Romay adestrou xa esta semana con normalidade e volve estar dispoñible tras varias semanas ausente das convocatorias por lesión.
Quen aínda seguirán de baixa son Oier Calvillo e un Rufo que "debería estar un pouco máis avanzado" na súa recuperación, revela Anxo Rodríguez.
Relacionadas:
-
Miguel Román: "Estou moi contento aquí, teño un contrato de dous anos e non teño en mente cambiar de sitio"
Por Diego Espiño |
-
Samu Santos, na 'pole' para substituír o sancionado Churre
Por Diego Espiño |
-
A enfermería do Pontevedra suma a Oier Calvillo pero espera baleirarse para a primeira xornada do ano
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez: "Charles es diferente a todos los jugadores de la categoría"
Por Redacción |
-
Charles culmina de penalti no 89 unha traballada remontada do Pontevedra en Langreo (1-2)
Por Diego Espiño |