Velada máxica de boxeo na Cañota coa III Copa Galicia
Por Cristina Saiz & Redacción
Espectacular noite de boxeo a vivida no pavillón marinense da Cañota, que foi sede este sábado da III Copa Galicia de Boxeo na que deportistas da selección galega medíronse a un combinado da Comunidade Valenciana.
A velada, presenciada por preto de 400 persoas, iniciouse con catro combates júnior nos que se deron a coñecer as novas promesas do Team Thunder e dos que saíron os gañadores da Marín Boxing Cup.
Concretamente, Pablo Lubián, Raúl Loira, David González e Yohana Jiménez saltaron ao ring para cruzar luvas, respectivamente, con púxiles da talla de Diego González, Carlos Silva, Gianfranco Salazar e da campioa galega da división reina feminina, Paula Simal.
David González, do Team Thunder, superou Gianfranco Salazar. Non correu a mesma sorte Pablo Lubián, que caeu nun duro combate penalizado polas descisiones arbitrais que finalmente se descantó a favor de Diego González.
No terceiro combate, o marinense Raúl Loira gañou o duelo ao portugués Carlos Silva mostrando grandes escintileos de calidade e afirmándose como unha gran promesa do boxeo.
A campioa de España júnior, Yohana Jiménez foi a seguinte en saltar á palestra. En fronte, a veterana Paula Simal, do Sagabox de Vigo que fixo gala da súa experiencia para superar á de Marín.
Con polémica decisión arbitral decidiuse o enfrontamento pendente das finais do campionato galego promesas. En -67 kg enfrontábanse Ricardo Álvarez e Noe Rodrígez, con vitoria para o primeiro.
Unha vez finalizada a primeira rolda, chegou a quenda dos ThunderKids Sara Barreiro, Benji Villaverde, Noel Rodríguez e Martín Grandío, que demostraron grandes escintileos de calidade para facer delicias do público asistente.
Despúes dos enfrontamentos para abrir boca chegou a quenda dos boxeadores galegos e valencianos, dos que sairían os campións da III Copa Galicia. Angelo Vázquez, Amancio Piedras, David 'Leñador' Álvarez, Goyo Rubio e Manel 'Finito' López enfrontáronse respectivamente a Hamza Lanhouki, Julen Kliykostky, Adrián Martínez, Ramón Kovacs e Alex Pozhylyk.
Vázquez, da Vieja Escuela la de Vigo, superou a Hamza Lanhouki nun combate con opcións para os dous púxiles pero que finalmente se decantou para Galicia.
O segundo en saltar ao ring foi Amancio Martínez, recentemente proclamado campión galego promesa e facendo na Cañota o seu debut NeoProfesional. O seu rival, Julen Klykostky puxo contra as cordas ao marinense, ao que lle fallou o físico ao final, pero que finalmente soubo aguantar para sumar o 2-0 para os galegos.
No terceiro combate enfrontáronse o vigués Manel López e Alex Pozhilyk, nun duelo marcado pola envergadura do valenciano pero que se decantou, de maneira moi discutida, para a escuadra galega.
Coa vitoria en casa, chegou a quenda de Goyo Rubio e Ramon Kovacs, salvando o galego a situación e impoñerse facendo o 4-0.
O 5-0 viño da man de David Álvarez, do Kick& Box Salceda, que se enfrontou a Adrián Martínez, que nada puido facer ante un demoledor David.
Como colofón, o fundador de Team Thunder, Aarón González, combateu en modo neo-profesional contra Louzaine Otmane. Tras un combate en grao sumo igualado, os xuíces deron a vitoria, do todo polémica, a favor do marroquí, que puxo o 5-1 final a favor de Galicia.
Pola súa banda, o combate entre o laureado boxeador local do Boxeo e Kicboxing Mat´s Martín 'Garrote' García, recentemente proclamado campión de Galicia e o valenciano Fran Martínez, foi suspendido por positivo en covid-19 do boxeador levantino, que non se puido desprazar ata Marín.
Relacionadas:
-
Satisfacción no Team Thunder polo resultado do I Open Villa de Marín de boxeo
Por Redacción |
-
Aarón González asina un inicio de tempada en modo MVP
Por Redacción |
-
Dobre cita co mellor boxeo galego en Portonovo e Marín
Por Redacción |
-
Yohana Jiménez, campioa de España júnior de boxeo
Por Redacción |
-
Aarón González, ouro no Campionato de España de Boxeo
Por Redacción |
-
Prata para Aarón González no Campionato de España de Boxeo de Clubs
Por Redacción |