Ángel Rodríguez, tras a vitoria do Pontevedra contra o colista Ceares: "Nos costó más de lo esperado"
Por Almu Dapena
Novo triunfo para o Pontevedra CF no Estadio Municipal de Pasarón, onde recibiu ao Ceares, pechacancelas da clasificación. Ángel Rodríguez, na rolda de prensa de despois do partido, analizou a vitoria do conxunto granate a falta dunha xornada para o final da primeira volta.
Foi un duelo que se decantaba "sencillo" pero que "costó más de lo esperado" E sobre todo cando parece que tes o partido de fronte pero "se te complican las cosas y juegas un partido que no tienes previsto, te empiezas a equivocar y a desarmar, haces cosas menos habituales y el rival empieza a crecer", explicou o técnico asturiano.
Sen perder o respecto ao rival, Rodríguez pensou que despois do 1-0 "sería fácil ganarlo, pero fue todo lo contrario". O Ceares empatou e chegaron os paróns que "te acaban rompiendo el ritmo y cuando el rival tiene el resultado favorable te afecta y te restan".
Fiel ao seu estilo de xogo, o técnico granate segue confiando nas chegadas por banda e crear opcións con centros a Charles, "llamado a marcar muchos goles por la forma de jugar del equipo" e, se estivese Rufo, "tendríamos más posibilidad de gol", analizou o técnico, que confesou que seguirá apostando polos centros laterais.
Agora, a vista está posta en Salamanca, onde viaxarán a semana que vén "con la necesidad imperiosa de sacar los tres puntos antes del parón" e así finalizar a primeira volta ao grande.
En canto á liña na que están os rivais, Ángel Rodríguez aclarou que hai que ver quen é o que "aguanta más el tirón, nos queda muchísimo por disputarse y al final el mejor quedará primero", concluíu.
Relacionadas:
-
Pesar no Pontevedra polo falecemento da nai de Ángel Rodríguez
Por Redacción |
-
O Pontevedra despide o ano contra un rival que nin marca nin se deixa marcar
Por Manu Otero |
-
Seoane, un asistente 'de Primeira': "Temos un obxectivo moi esixente pero estamos a gozar do camiño"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra segue en modo vitoria e bate o Ceares en Pasarón (3-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Samu Santos, na 'pole' para substituír o sancionado Churre
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez: "Charles es diferente a todos los jugadores de la categoría"
Por Redacción |
-
Charles culmina de penalti no 89 unha traballada remontada do Pontevedra en Langreo (1-2)
Por Diego Espiño |
-
Churre, o primeiro apercibido no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Curto e xusto triunfo dun Pontevedra dominador fronte a un ordenado pero inofensivo Arosa (1-0)
Por Cristina Saiz & Ramiro Espiño |