O Natación Galaico adxudícase o Campionato Galego de Longa Distancia
Por Redacción
A localidade de Ponteareas foi escenario durante a fin de semana do Campionato Galego de Natación de Longa Distancia, que tivo como protagonista destacado o Galaico pontevedrés.
O club da Boa Vila encabezou a clasificación por clubs absoluta tanto en categoría masculina como a feminina, impoñéndose por tanto na clasificación conxunta para proclamarse campión autonómico por diante de CN Ferrol e o local CN Ponteareas, segundo e terceiro respectivamente.
A nivel individual destacaron os primeiros postos conseguidos por Cristian Fernández en categoría sénior e por Alicia Bouzas en júnior 1. Ademais Ana Pérez García-Picher conseguiu a medalla de prata na proba sénior feminina.
En total o Club Natación Galaico desprazou a Ponteareas a 16 deportistas que participaron nas probas de 2.000 libre infantil e 3.000 metros tanto en idade júnior como sénior.
Relacionadas:
-
O Galaico despide o 2021 desde o máis alto da natación galega
Por Redacción |
-
O Natación Galaico organizará en Pontevedra a Copa de España de Clubs de 2ª División
Por Diego Espiño |
-
O Natación Galaico estrea a súa tempada de competicións cun terceiro posto no Trofeo Amizade
Por Redacción |
-
Sete nadadores do Galaico, incluídos no Grupo Especial de Seguimento da Federación Galega
Por Redacción |