Constituído o comité organizador do Mundial Sub-23 de loitas olímpicas que se celebrará en 2023 en Pontevedra
Por Diego Espiño
Pontevedra ponse ao choio para preparar a gran cita deportiva de 2022 na cidade, co Campionato do Mundo Sub-23 de Loitas Olímpicas e o Mundial Cadete e Júnior na modalidade de Grappling.
O Concello de Pontevedra acolleu este martes a reunión de constitución do comité organizador destes campionatos, nos que "esperamos una participación de alrededor de 1.500 deportistas durante 10 días", confirmou o presidente da Federación Española de Lucha, Francisco Javier Iglesias.
O presidente federativo é un dos membros do constituído comité xunto ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o presidente da Federación Galega de Loita, José Luis Olazábal; un representante da federación internacional como Pedro Amoedo; o director de competicións da Federación Galega, Pablo Pintos; e o adestrador Alexander Kachelaev.
"Dáme certa satisfacción que haxa unanimnidade en esta cuestións, cos eventos internacionais", sinalou na súa intervención o alcalde pontevedrés agradecendo o apoio do resto de institucións e federacións, confirmando á súa vez a intención de "optar no 2025 e seguintes anos a seguir facendo actividades destas características", tendo en conta que Pontevedra acollerá tamén en 2024 o Mundial Júnior de Loita e presentou candidaturas a Europeo e Mundial Absoluto.
"Temos moito que dicir no concerto internacional", defendeu á súa vez José Ramón Lete avalando o traballo que se realiza tamén desde o Centro Galego de Tecnificación Deportiva con ata 15 deportistas bolseiros nesta modalidade.
O Campionato do Mundo Sub-23 de Loitas Olímpicas celebrarase entre os días 17 e 23 de outubro de 2022, coa competición de Grappling ocupando os días previos. A todo iso hai que sumar que a intención é que a Boa Vila acolla un campus previo de adestramento para países suramericanos e asiáticos 15 días antes da competición.
Relacionadas:
-
Yui Susaki, unha campioa olímpica e mundial que busca en Pontevedra o 'Grand Slam' da loita
Por Diego Espiño |
-
O Mundial Absoluto de Grappling poñerá a guinda a un outubro máxico para a loita en Pontevedra
Por Redacción |
-
A guerra en Ucraína deixa no aire a presenza de deportistas rusos nos mundiais de loita de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Sesión formativa no CGTD para os árbitros galegos de loita
Por Redacción |
-
Alexander Kachelaev desvincúlase do CGTD tras 30 anos formando os loitadores galegos
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra prepárase para un 2022 cheo de deporte internacional
Por Redacción |
-
A Federación Internacional ratifica por carta a Pontevedra como sede do Mundial Júnior 2024 de loita
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra, capital da loita: Acollerá o Mundial de Grappling Cadete-Júnior 2022 e o Mundial Júnior 2024
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra pasa exame para afrontar o Europeo Cadete de Loita en 2023 e o Mundial Júnior en 2024
Por Almu Dapena |
-
Lores marca como obxectivo a medio prazo "avanzar cara ao Campionato do Mundo Absoluto" de loitas olímpicas
Por Diego Espiño |
-
Conceden a Pontevedra a organización do Mundial de Loita Sub-23 en 2022
Por Diego Espiño |