O Pontevedra publica os prezos da súa campaña de abonados para a segunda volta
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol confirmou este martes o prezo dos abonos da súa campaña de socios para a segunda parte da tempada, uns carnés que xa serán válidos este próximo domingo 9 de xaneiro no último encontro da primeira volta en Pasarón fronte ao Palencia Cristo Atlético.
A entidade granate elaborou unha campaña que xa non diferencia entre renovación e nova alta e que supón unha leve rebaixa conforme á cota que debían abonar os novos socios a principio de curso.
Desta forma os carnés para a segunda volta foron fixados, para o público sénior, en 160 euros para a bancada de Tribuna, 100 euros en Preferencia, 75 euros en Fondo Norte e 70 euros en Fondo Sur (no verán as novas altas debían pagar 220, 160, 110 e 100 euros respectivamente).
Estes prezos serán para os bonificados (desempregados, xubilados, estudantes, persoas con incapacidade laboral ou penas) de 100 euros en Tribuna, 70 en Preferencia e 60 euros nos fondos. Pola súa banda o carné novo custará 60 euros en Tribuna, 40 euros en Preferencia e Norte e 30 euros en Sur, mentres que o carbet 'baby' mantense en 10 euros.
CAMPAÑA ABONADOS MEDIA TEMPORADA
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) January 4, 2022
¡El barco zarpa de nuevo! Súbete a bordo y rema con el equipo para vivir una emocionante segunda vuelta del campeonato.#TAG#HaiQueRoelo pic.twitter.com/AGTGwlCF39
Relacionadas:
-
Ángel Rodríguez: "Ha sido el partido más completo de la temporada"
Por Almu Dapena |
-
Remontada do Pontevedra ante o Cristo Atlético para empezar o ano cun sorriso (4-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra estrea o ano contra o Palencia mirando de esguello á covid: "Hai que coidarse moitísimo porque todo xoga"
Por Diego Espiño |
-
Ás voltas con a recuperación de Rufo: "A día de hoxe non sabemos cando vai empezar"
Por Diego Espiño |
-
Reforzo invernal para o Palencia Cristo Atlético antes de medirse ao Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Sen cambios no Pontevedra á espera dunha nova rolda de test de covid
Por Diego Espiño |
-
Traballo sen contacto na volta ao campo de adestramento do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
VÍDEO.- 'Todo ao Granate', campaña de socios do Pontevedra CF con rebaixa xeneralizada de prezos
Por Diego Espiño |