Onda de aprazamentos pola pandemia no deporte comarcal
Por Redacción
O deporte comarcal non escapa ao elevado nivel de contaxios por covid que se rexistra nas últimas semanas, o que provocou toda unha onda de aprazamentos na que debía de ser a primeira xornada do ano nas diferentes ligas e competicións, esta próxima fin de semana.
A Real Federación Galega de Fútbol por exemplo decidiu aprazar por completo a xornada prevista na Terceira RFEF "pola detección de numerosos positivos por covid-19 en varios dos equipos da categoría".
ÚLTIMA HORA
— RFGF (@futgal) January 5, 2022
APRAZADOS todos os encontros da Terceira RFEF previstos para esta fin de semana pola detección de numerosos positivos por COVID 19 en varios dos equipos da categoría pic.twitter.com/X1gWgRz7Bm
Á súa vez en Preferente son moitos os partidos que non se van a disputar, incluíndo tres dos seis previstos no Grupo Sur 2A, como son os choques Umia-Cambados, Gran Peña-Villalonga e Sanxenxo-Ribadumia.
Pola súa banda o Marín Peixe Galego anunciou a suspensión do partido da xornada 16 da Liga EBA que lle debía enfrontar ao Oviedo tras detectar positivos por coronavirus nas súas filas. "Todos se atopan en perfecto estado e cumprindo os protocolos determinados respecto do manexo da pandemia", sinala o club.
Comunicado Oficial:
— MARIN PEIXEGALEGO (@CLUBPEIXEGALEGO) January 5, 2022
Aplazado el partido de Liga EBA J 16 Mundioma Marín Ence PEIXEGALEGO- Unicaja Banco Oviedo tras la detección de positivos COVID 19.
Todos se encuentran en perfecto estado y cumplimiendo los protocolos determinados al respecto del manejo de la pandemia.
Esta situación tamén afecta á Copa da Raíña de Fútbol Sala, na que o Sala Zaragoza solicitou aprazar a súa eliminatoria de oitavos de final contra o Poio Pescamar ao detectar cinco contaxios entre plantel e corpo técnico.
Relacionadas:
-
Aprazado o partido de 1/8 de Copa do Poio Pescamar polo gromo de covid do seu rival, o Sala Zaragoza
Por Redacción |
-
Avanza o incremento de casos activos, con 307 máis, chegando a 7.354 na área sanitaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Sala Zaragoza pide aprazar o seu partido de Copa contra o Poio Pescamar ao detectar 5 casos de covid
Por Diego Espiño |