Ángel Rodríguez: "Ha sido el partido más completo de la temporada"
Por Almu Dapena
O adestrador do Pontevedra CF, Ángel Rodríguez, e o do Palencia Cristo Atlético, Rubén Gala, compareceron en rolda de prensa despois da vitoria do conxunto granate no Estadio Municipal de Pasarón, un partido que para o técnico asturiano foi "el más completo de la temporada".
"En líneas generales el equipo ha estado bastante bien", analizou Rodríguez ante a "incertidumbre" dos xogadores despois das vacacións.
Consciente el e os seus pupilos da necesidade que teñen de pelexar polo obxectivo, Ángel Rodríguez cre que o que fai o cadro de persoal "nos refuerza con los resultados". E ese resultado viuse no duelo deste domingo, considerando o técnico granate que foi "el más completo de la temporada porque no nos hemos enfrentado a un equipo que ha realizado un planteamiento cerrado".
Ademais, despois de tanta tempada disputada e dos resultados negativos do principio, asegura que agora os xogadores "tienen una lectura y más confianza". A mesma que ten o líder unión Unión Adarve, que está "en una línea muy buena".
Pola súa banda, Rubén Gala asegura que o seu equipo competiu ben "durante 60 minutos pero hemos cometido demasiados errores en las entregas de balón y hemos concedido demasiadas transiciones al rival".
Pero en fronte tiña aos granates, "el mejor equipo que he visto hasta el momento", afirma Gala, "cada vez que llegaban creaban sensación de peligro".
"Hay mucha calidad de una plantilla a otra, ellos no cometen errores", explicou, ademais de considerar que os seus xogadores non analizaron ben o partido xa que "la consigna era tener el balón, lo hicimos bien, pero nos precipitamos. No hay ninguna excusa, ellos son mejores y han ganado", concluíu o técnico do Palencia.
Relacionadas:
-
Tres partidos de sanción a Moncho por gritarlle ao árbitro asistente "vas a velo na tele"
Por Diego Espiño |
-
O Compostela, próximo rival do Pontevedra en liga, en alerta pola pandemia
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero descarta reforzos no mercado de inverno: "É o compromiso que temos co plantel"
Por Diego Espiño |
-
Rufo recibe a alta médica e empeza a adestrar co grupo
Por Diego Espiño |
-
Remontada do Pontevedra ante o Cristo Atlético para empezar o ano cun sorriso (4-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra estrea o ano contra o Palencia mirando de esguello á covid: "Hai que coidarse moitísimo porque todo xoga"
Por Diego Espiño |
-
Ás voltas con a recuperación de Rufo: "A día de hoxe non sabemos cando vai empezar"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra publica os prezos da súa campaña de abonados para a segunda volta
Por Diego Espiño |