O Tenis de Mesa Monte Porreiro rasca un empate fronte ao Arteal na primeira xornada de liga do ano
Por Redacción
O 2022 comezou para o Tenis de Mesa Monte Porreiro cun meritorio empate en liga na visita do Arteal santiagués ao pavillón da Cidade infantil Príncipe Felipe, aínda que os pontevedreses quedaron co mel nos beizos.
Os pupilos adestrados por Nando Álvarez puxeron contra as cordas ao segundo clasificado do seu grupo na Superdivisión masculina, ao empezar dominando o enfrontamento 2-0 cos triunfos de Nico Galvano e Martín Bentancor sobre José Mendes e Humberto Manhani respectivamente.
O Arteal recortou distancias co triunfo de André da Silva sobre Ilia Isakov, pero Martín Bentancor no duelo máis emocionante do día conseguía o 3-1 ao superar a José Mendes deixando ao seu equipo a un paso da vitoria.
Tiña o Monte Porreiro dúas opcións para pechar o enfrontamento ao seu favor, pero reaccionou o conxunto santiagués para poñer as táboas (3-3) e forzar a repartición de puntos.
Tras este resultado o equipo pontevedrés segue terceiro no seu grupo ligueiro con 5 puntos, a 2 do propio Arteal que é segundo, e con 3 puntos de vantaxe sobre o seu próximo rival, o San Sebastián de los Reyes.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro asegura un ano máis a súa permanencia na Superdivisión Masculina
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro cede un empate en San Sebastián de los Reyes tras un duelo de infarto (3-3)
Por Redacción |
-
A covid deixa sen Xogos Panamericanos a Martín Bentancor cando xa se atopaba en Colombia
Por Diego Espiño |
-
Importante triunfo do TM Monte Porreiro fronte a L'Escala para mirar cara arriba na Superdivisión
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro non pode contra o invicto Asisa Borges Vall (4-2)
Por Redacción |
-
Primeiro triunfo en liga para o TM Monte Porreiro á conta do San Sebastián de los Reyes (4-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O TM Monte Porreiro saca billete para a Trophy e segue vivo en Europa
Por Almu Dapena |