Rufo recibe a alta médica e empeza a adestrar co grupo
Por Diego Espiño
Grandes noticias para o Pontevedra Club de Fútbol no inicio dunha nova semana de traballo tras a goleada do domingo na casa fronte ao Palencia Cristo Atlético.
Tras pasar unha nova revisión Rufo recibiu este luns a alta médica da súa lesión de nocello, que lle tivo dous meses e medio afastado dos terreos de xogo.
A pesar das dúbidas sobre o seu estado mostradas o pasado venres por parte do técnico, o certo é que co OK dos servizos médicos o dianteiro xa se pode reintengrar ao traballo de grupo e estará dispoñible se o adestrador o considera oportuno para a próxima xornada.
Desta forma, e aínda que por diante a Rufo quedanlle semanas de traballo para alcanzar un ritmo óptimo de competición, todo apunta a que entrará xa na lista de convocados para a visita ao Compostela prevista para o domingo 23 de xaneiro, tendo en conta que a próxima fin de semana non hai encontro de liga.
Relacionadas:
-
Rufo recupera o sorriso e deixa atrás a sombra da súa lesión: "Pensaba que me ían a quedar secuelas"
Por Diego Espiño |
-
A enfermería de Pasarón baléirase
Por Redacción |
-
O Pontevedra segue de doce ata nos amigables e derrota o Celta B en Barreiro (2-4)
Por Redacción |
-
Diego Seoane pon voz ao bo momento do Pontevedra: "Este ano estoume divertindo como un anano"
Por Diego Espiño |
-
Organizan unha viaxe en autobús gratuíta para apoiar o Pontevedra na súa visita ao Compostela
Por Redacción |
-
Tres partidos de sanción a Moncho por gritarlle ao árbitro asistente "vas a velo na tele"
Por Diego Espiño |
-
O Compostela, próximo rival do Pontevedra en liga, en alerta pola pandemia
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero descarta reforzos no mercado de inverno: "É o compromiso que temos co plantel"
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez: "Ha sido el partido más completo de la temporada"
Por Almu Dapena |
-
Remontada do Pontevedra ante o Cristo Atlético para empezar o ano cun sorriso (4-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Ás voltas con a recuperación de Rufo: "A día de hoxe non sabemos cando vai empezar"
Por Diego Espiño |