Dous ciclistas do Froiz competirán coa Selección Galega na Copa do Mundo de Ciclocrós de Flamanville
Por Redacción
Tras brillar no Campionato de España, a Selección de Galicia de Ciclocrós lánzase a un reto internacional participando nunha proba da Copa do Mundo, en Francia.
A cita en cuestión será a Copa do Mundo de Flamanville, na rexión de Baixa Normandía, na penúltima proba puntuable do certame que terá lugar o vindeiro domingo 16 de xaneiro.
Alí estarán tres ciclistas galegos, entre os que se atopan dous representantes do Supermercados Froiz.
Trátase da júnior pontevedresa Laura Mira e do sub-23 ponteareán Miguel Rodríguez, ademais do júnior Ricardo Buba (Coruxo).
Mira, subcampioa de España da súa categoría, correrá a proba júnior feminina que dará comezo ás 10.30 horas, mentres que Rodríguez comparecerá na sub-23 masculina fixada ás 12.00 horas do mediodía.
Aínda que ningún destes tres ciclistas participou esta campaña na Copa do Mundo, si se trata da súa segunda experiencia internacional tras competir no Campionato de Europa celebrado en novembro en Drenthe, nos Países Baixos.
Relacionadas:
-
Inguazo e Rodríguez, do Froiz, protagonistas no mundial de ciclocrós
Por Redacción |
-
A Selección de Galicia de ciclocrós regresa con 10 medallas do Campionato de España disputado en Xátiva
Por Redacción |
-
O ciclismo será un habitual no calendario pontevedrés para o 2022
Por Almu Dapena |
-
Protagonismo pontevedrés no Campionato Galego de Ciclocrós disputado en Maceda
Por Redacción |