Diego Seoane pon voz ao bo momento do Pontevedra: "Este ano estoume divertindo como un anano"

Por Diego Espiño
Está a ser un dos xogadores máis regulares esta campaña, como demostra o feito de que fose titular en cada un dos 17 encontros de liga disputados, E non só iso, o seu nivel levoulle a ser elixido o mellor home do Pontevedra Club de Fútbol durante o pasado mes de decembro.
Diego Seoane está a atoparse na entidade granate como na súa propia casa, e de feito resume o sentir dun grupo que camiña con paso firme "nunha boa dinámica" e coa moral "moi alta".
"A verdade é que este ano me estou divertindo como un anano", asegura o lateral.
"O equipo xoga moi ben, ten moita calidade por dentro. Para a xente de fóra libéranos máis e estou a gozar", sinala sobre o seu protagonismo no esquema que propón un adestrador que "está como tolo por que ataquemos, para ternos posicionados moi arriba, en ataque".
Nesta situación Seoane non quere nin sequera pensar no actual líder, o Unión Adarve, xa que "temos que mirar para nós, puntuar de tres en tres porque é o que nos vai a dar chegar a ese primeiro posto. Seguro que chegaremos".
Relacionadas:
-
O Pontevedra segue de doce ata nos amigables e derrota o Celta B en Barreiro (2-4)
Por Redacción |
-
Organizan unha viaxe en autobús gratuíta para apoiar o Pontevedra na súa visita ao Compostela
Por Redacción |
-
Tres partidos de sanción a Moncho por gritarlle ao árbitro asistente "vas a velo na tele"
Por Diego Espiño |
-
O Compostela, próximo rival do Pontevedra en liga, en alerta pola pandemia
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero descarta reforzos no mercado de inverno: "É o compromiso que temos co plantel"
Por Diego Espiño |
-
Rufo recibe a alta médica e empeza a adestrar co grupo
Por Diego Espiño |
-
Remontada do Pontevedra ante o Cristo Atlético para empezar o ano cun sorriso (4-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |