Presenza vermella na expedición da selección española de fútbol sala a Kiev
Por Redacción
A Selección Española Feminina de Fútbol Sala xa se atopa en Kiev para disputar dous partidos contra Ucraína. O equipo de Claudia Pons aterrou o día 16 na capital ucraína e este luns xa tiveron unha primeira dobre sesión de adestramento para preparar os dous duelos previstos paralos días 18 e 19 de xaneiro ás 17 horas, horario ucraíno.
O combinado nacional de Ucraína é un dos máis potentes do panorama Mundial e proba diso é que están clasificadas, do mesmo xeito que España, para a final a catro do Europeo que terá lugar a finais de marzo na localidade portuguesa de Gondomar.
No vestiario español son conscientes de que estas dúas probas serán claves para seguir collendo ritmo de competición e seguir puíndo detalles de fronte ao torneo continental.
E, como é habitual nas últimas convocatorias, o acento galego predomina na lista de Pons. Luci é a representante do Poio Pescamar nunha convocatoria na que figuran exrojillas como Ale de Paz ou Jenny Lores, así como outras catro xogadoras do Burela.
A lista completa está composta polas gardametas Marta e Cris; as cierres Laura, Mayte e Isa García; as alas Jenny Lores, Ana Luján, Irene, Ale de Paz, Peque, e Luci; a ala pívot Benete e as pívots Irene e Dany.
A nosa @luci9_l convocada coa Selección Española para unha concentración en Ucrania, con dobre amistoso fronte á selección local
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) January 10, 2022
O Europeo de marzo en Gondomar (Portugal) como meta #PoioPescamar https://t.co/PAZcOT93q2
Relacionadas:
-
Traballado triunfo do Poio Pescamar sobre o pechacancelas Joventut de Elche (2-4)
Por Almu Dapena |
-
Acento pontevedrés na convocatoria da selección española de fútbol sala feminino
Por Redacción |
-
Silvia, Caridad e Luci, convocadas pola Selección Española para a fase previa do Europeo
Por Redacción |
-
Silvia Aguete, Luci e Jenny Lores, citadas a unha concentración coa Selección Española
Por Redacción |
-
Silvia Aguete e Caridad mantéñense nos plans da Selección Española, á que tamén regresa Jenny Lores
Por Diego Espiño |