A Gladiator Race, ausente durante dous anos pola pandemia, abre inscricións para a súa sétima edición
Por Redacción
A Gladiator Race regresa a Pontevedra despois de dous anos de ausencia pola pandemia e farao coa celebración da súa sétima edición os días 4 e 5 de xuño na contorna da Illa das Esculturas. Os interesados en participar poden formalizar xa a súa inscrición a través da páxina web oficial da competición.
Esta popular carreira de obstáculos e resistencia que combina zonas de auga, barro e escalada; conta cunha oferta especial de lanzamento que se manterá ata o 31 de xaneiro.
A proba comezará o 4 de xuño coa disputa da categoría Gladiator Warrior, a máis esixente. Nela, os competidores deberán completar máis de 11 quilómetros e 35 obstáculos. A continuación, está prevista a categoría Rocket, na que os participantes deben cubrir unha distancia de 6 quilómetros con 25 obstáculos.
"O domingo 5 de xuño celebrarase a Gladiator Kids, orientada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e que dará comezo ás 11 horas. Entre os obstáculos haberá máis dunha novidade, pero a Gladiator Race volverá á cidade con probas como o Mont Blanc ou as divertidas zamburguesas", desvelou Tino Fernández, responsable da concellería de Deportes, algunha das novidades da edición deste ano.
Relacionadas:
-
A Gladiator Race regresa tras o parón pola pandemia con ganas de "pasalo ben"
Por Diego Espiño & Diana Eiras |
-
A Gladiator Race anuncia o seu regreso a Pontevedra para o 4 de xuño de 2022
Por Diego Espiño |
-
A Gladiator Race suspende definitivamente a súa edición de 2020 en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A sexta edición da Gladiator Race, reprogramada para o 10 de outubro
Por Redacción |