O Poio Pescamar visita ao colista e A Raña acolle un igualado duelo entre aspirantes á elite
Por Redacción
O Poio Pescamar necesita engancharse definitivamente ao vagón de cabeza da competición e para facelo ten que derrotar a domicilio ao Joventut de Elxe, pechacancelas que aínda coñece a vitoria. Mentres que o Marín Futsal recibe o sábado ás 17 horas na Raña ao Universidade de Alacante nun partido que se prevé igualado e que fará soñar ao vencedor con metas máis ambiciosas.
As de Manu Cossío son conscientes da súa superioridade pero tamén saben que nesa cancha sufriron para conseguir o triunfo equipos como o Burela ou o Melilla, polo que terán que ofrecer a súa mellor versión para regresar a casa cos tres puntos.
Pola súa banda, as de Raúl Jiménez tratarán de manter a súa fortaleza como locais á conta do equipo alacantino, que marcha en sexta posición igualado a puntos co cadro marinense pero cun partido menos. É por iso, que un triunfo local catapultaría ao Marín Futsal ata os postos de playoff, superando ao Poio Pescamar, cuarto clasificado con 21 puntos.
Relacionadas:
-
O Marín cae contra o Alicante e segue sen coñecer a vitoria este ano en liga (1-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Traballado triunfo do Poio Pescamar sobre o pechacancelas Joventut de Elche (2-4)
Por Almu Dapena |
-
Derrota do Marín ante o Roldán a 30 segundos do final (2-1)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar dáse un festín para estrear o ano con vitoria sobre o Sala Zaragoza (5-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |