Sesión de portas abertas do TM Monte Porreiro para celebrar o seu premio Cidade de Pontevedra
Por Redacción
O domingo será un día especial para o Tenis de Mesa Monte Porreiro. O club acaba de recibir o premio Cidade de Pontevedra e, co obxectivo de compartilo con todos os seus seguidores, aproveitará a xornada de liga para organizar unha sesión de portas abertas na que calquera persoa poderá gozar do mellor tenis de mesa de España con entrada gratuíta e recibir unha clase mestra dunha hora por parte dos técnicos da entidade.
O acceso este domingo ao pavillón Príncipe Felipe será gratuíto para todos os afeccionados, que poderán ver en directo un dos partidos máis esixentes da tempada. O que enfrontará ao cadro pontevedrés co líder da liga e actual semifinalista da Europa Cup Men: o Asisa Borges Vall. Para ser o mellor equipo, hai que ter aos mellores xogadores e nas filas do equipo catalán milita Marc Durán, un dos mellores tenistas de mesa de España.
Non só poderán gozar os espectadores dun partido da Superdivisión Masculina, no mesmo escenario está previsto tamén a disputa doutros tres partidos: un de Liga Nacional e dúas de Liga Galega.
As que non estarán presentes neste festivo domingo son as xogadoras do club, que viaxarán esta fin de semana a Asturias para medirse ao Coverastur e ao Avilés nunha nova xornada da Divisón de Honra.
Relacionadas:
-
Catro xogadoras do TM Monte Porreiro disputarán o Spain Master
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro asegura un ano máis a súa permanencia na Superdivisión Masculina
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro non pode co invicto líder Asisa Borges Vall (0-4)
Por Redacción |
-
Reivindicación da lingua e do deporte do tenis de mesa nos Premios Cidade de Pontevedra 2021
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O TM Monte Porreiro cede un empate en San Sebastián de los Reyes tras un duelo de infarto (3-3)
Por Redacción |