O TM Monte Porreiro renuncia ao soño europeo da Trophy Cup: "É unha decisión moi dura"
Por Diego Espiño
A primeira experiencia europea do Tenis de Mesa Monte Porreiro chegou ao seu fin dunha maneira abrupta que non esperaban no club pontevedrés.
Os problemas deportivos coas baixas por lesión de Miguel Ángel Vílchez e do ruso Ilia Isakov por mor da guerra de Ucraína, xunto ao esforzo económico que supoñía manterse en Europa obrigaron ao Monte Porreiro a renunciar á Trophy Cup, terceira competición continental en importancia e á que se clasificaron tras participar na fase de grupos da ETTU Cup o pasado mes de outubro.
"É unha decisión moi dura, pero déronse unha chea de factores", recoñece a PontevedraViva o director deportivo do club, Nando Álvarez.
"O equipo coincidiunos que o temos moi collo polo tema de Ilia co conflito e de Vílchez, que a lesión é máis grave do esperado e vano a ter que operar nas próximas semanas, e despois está o tema económico", explica sobre a difícil decisión, xa que "este ano fixemos un plantel mellor" para afrontar o reto europeo "e o gasto é maior".
De seguir adiante o Monte Porreiro tería viaxado ata Andorra para afrontar a fase de grupos da Trophy Cup a mediados do mes de abril, medíndose ao Club Tennis Taula Valls del Nord andorrano, ao Club Desportivo 1º de Maio portugués e ao Arteal TM compostelán, o outro equipo español na competición.
A decisión de renunciar para non comprometer a estabilidade do club é se cabe máis dolorosa porque "era unha competición que podiamos loitar forte", sinala Nando Álvarez sobre as posibilidades que vía ao equipo, "pero é o que hai", afirma resignado.
Desta forma pouco agradable se punto punto e final á primeira incursión do Monte Porreiro en competición europea, un fito que na cidade só ten un antecedente, o do Teucro que participou hai máis de 25 anos na Copa EHF de balonmán (tempada 95-96).
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro, a por unha tempada ilusionante que empeza o 24 de setembro coa Europe Cup
Por Almu Dapena |
-
Sorteados os grupos da Europe Cup, na que participará por segundo ano o TM Monte Porreiro
Por Diego Espiño |
-
Un set deixa o TM Monte Porreiro fóra de Europa (3-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O TM Monte Porreiro, a por un billete europeo diante da súa afección
Por Almu Dapena |
-
O TM Monte Porreiro empata en Burgos e mantén intactas as súas opcións de meterse en Europa (3-3)
Por Redacción |
-
Esforzo sen recompensa para o Monte Porreiro na primeira xornada do seu histórico debut en Europa
Por Diego Espiño |
-
O TM Monte Porreiro pon rumbo á República Checa para debutar en Europa "sen presión"
Por Diego Espiño |
-
O debut do TM Monte Porreiro en Europa xa ten data e sede: 22 e 23 de outubro na República Checa
Por Diego Espiño |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro coñece aos seus primeiros rivais europeos
Por Diego Espiño |
-
O internacional Míguel Ángel Vílchez e o ruso Ilia Isakov, reforzos do Monte Porreiro para o seu desafío europeo
Por Diego Espiño |
-
Salto cara a Europa do Tenis de Mesa Monte Porreiro, que xogará a ETTU Cup: "É un feito histórico na cidade"
Por Diego Espiño |
-
Ilusión no TM Monte Porreiro ante a posibilidade de debutar en competición europea
Por Diego Espiño |