O Poio Pescamar regresa á zona nobre con goleada en Alacante (0-4)
Por Almu Dapena
O Poio Pescamar regresou este sábado á zona noble da táboa despois golear por 0-4 a un Universidad de Alicante que practicamente non tivo opcións.
Aínda que avisou Rocío para o cadro local ao comezo do duelo, a escuadra vermella estaba moi ben posicionada en defensa e impedía o obxectivo do rival. Mentres, o Poio avisaba con ocasións illadas entre as que destacou unha de Jane que salvou Elenita baixo paus.
Foi ela mesma a protagonista do primeiro gol da contenda tras unha moi boa xogada persoal despois dun roubo de balón en metade de cancha. Jane o guisou e ela mesma culminou cun potente disparo cruzado ao que non puido chegar a gardameta local.
Seguiu ao seu o cadro conserveiro mentres se sucedían os erros na saída de balón das universitarias que lle permitían levar a batuta do xogo. E aínda que Rocío tivo nas súas botas igualar o duelo ao fío do descanso, o seu remate no corazón da área non subiu ao marcador.
Despois do descanso o Alicante necesitaba unha reacción urxente, pero o Poio estaba cómodo a medida que pasaban os minutos. E máis cando Dani Sousa facía o 0-2 tras centro chute de Chiesa en xogada de estratexia.
Optou polo xogo de cinco o cadro local con Sara Navalón cando quedaban seis minutos para o final, pero as vermellas seguían ben posicionadas en defensa e souberon aguantar o asedio do rival.
Ademais, puxeron mesmo máis terra polo medio cun gol de Martita tras roubo de balón e contra de Dani Sousa e, nos últimos segundos, Jane, desde cancha propia e tras roubo de balón, sentenciaba co definitivo 0-4 co que finalizou o partido.
UA ALICANTE (0): Elena; Rocío, Anita Pino, Sara Navalón e Aitana (quinteto inicial). Tamén xogaron, Sara Roelas, Raquelilla e Elena Sanchís
POIO PESCAMAR (4): Caridad; Ana Rivera, Luci, Irene e Dani Sousa (cinco inicial). Tamén xogaron, Agostina Chiesa, Jane, Martita, Luísa Mayara, Anna Escribano e Ángela.
Incidencias: Mutxamel. Colexiados, Pablo Delgado Sastre e Samuel Gabaldón Rico. Sen amoestacións.
Goles: 0-1, min. 15 Jane. 0-2, min. 28 Dani Sousa. 0-3, min. 35 Martita. 0-4, min. 39 Jane.
Relacionadas:
-
Festival de goles entre Poio Pescamar e Torreblanca nunha recta final de infarto (5-4)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar golea o Leganés para seguir en postos de playoff (5-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar quere consolidar o seu posto de playoff e o Marín Futsal, certificar a súa permanencia
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar métese na final da Copa Galicia tras superar o Cidade das Burgas (3-2)
Por Redacción |
-
Un gol do Burela sobre a bucina deixa o Poio Pescamar co mel nos beizos (3-2)
Por Almu Dapena |
-
Un Poio Pescamar desacertado perde pola mínima ante o Roldán (0-1)
Por Almu Dapena |
-
Sólido triunfo do Poio Pescamar ante un Atlético Torcal estrelado ante o muro Caridad (0-3)
Por Almu Dapena |