Javi Fontán dá tres puntos de ouro o Arosa no partido contra o Móstoles (1-0)
Por Redacción
O Arosa logrou este domingo unha vitoria polo mínima pero do máis valiosa pola permanencia en Segunda RFEF. Javi Fontán foi o artífice do único gol do partido ante o Móstoles co que lle deu tres puntos do ouro ao seu equipo a falta de dúas xornadas para a conclusión da liga.
Pode soñar o equipo arlequinado co seu obxectivo da salvación e o mesmo pode facer a cidade de Vilagarcía, que arroupou ao seu equipo desde o minuto uno para levantalo ata o triunfo.
O partido estivo marcado pola igualdade, con ocasións en ambas as porterías pero onde ningún equipo foi capaz de mover o marcador ata pasado o descanso.
Avisou Portilla para os visitantes aos dous minutos de regresar dos vestiarios, con todo foi o capitán do Arosa Javi Fontán o que, cando se cumpría a hora de xogo, inclinou a balanza ao seu favor despois dunha longa e elaborada xogada por parte de todos os xogadores.
veu arriba o conxunto arlequinado tras anotar o 1-0 e Recalde e Tejero aparecían baixo paus para evitar outro gol local.
Tentou o Móstoles cando quedaban menos de 20 mnutos facer o empate, pero era o Arosa o que seguía insistindo na portería rival. De feito, puido sentenciar o equipo de Luisito no tempo de desconto, pero o gardameta madrileño respondeu por partida dobre de forma espectacular e impediu que o marcador se movese máis ata que o colexiado pitou o final.
1-0 final e tres puntos de ouro para o Arosa, ao que quedan dous finais para seguir pelexando pola permanencia. Na primeira terán que desprazarse o día 8 de maio para enfrontarse ao Leganés B e na segunda e definitiva recibirán o 15 de maio na Lomba ao Bergantiños.
Relacionadas:
-
O Arosa empata co Bergantiños e descende a Terceira (1-1)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O Arosa complica a súa permanencia tras a derrota en Leganés (3-0)
Por Almu Dapena |
-
Partido a vida ou morte para o Arosa na casa do Leganés B: "Está claro que non podemos fallar"
Por Diego Espiño |
-
Vilagarcía entrega a medalla de ouro da cidade ao Arosa
Por Redacción |
-
Partido vital para o Arosa, que abre as portas da Lomba para recibir o Móstoles
Por Redacción |
-
Horario unificado para as dúas últimas xornadas da Segunda RFEF
Por Diego Espiño |