Onda de apoios ao Marín Futsal: "Alguén debería explicar por que non se aprazou o partido habendo acordo entre clubs"
Por Diego Espiño
O Marín Futsal trata de recuperar a normalidade ás alancadas para preparar a súa inminente participación na fase final da Copa da Raíña que dá comezo o vindeiro venres 6 de maio, pero a actualidade do club marinense segue virando ao redor da suspensión do seu partido de liga fronte ao Burela.
A entidade do Morrazo chegou a un acordo co seu rival, o Pescados Rubén Burela, para aprazar o choque debido a un gromo de covid no plantel xunto a "lesións e feitos excepcionais" que fixeron que só presentase a tres xogadoras dispoñibles para a cita, pero a Real Federación Española de Fútbol non aceptou a petición en base ao actual protocolo establecido para estes casos. O encontro terminouse suspendendo pola lesión de María León que impedía contar co número mínimo de futbolistas sobre a cancha.
Desde ese momento os apoios cara ao Marín Futsal fóronse sucedendo principalmente nas redes sociais, onde clubs rivais e diversas asociacións mostraron o seu malestar polo sucedido.
"Imaxes como as vividas esta fin de semana no partido que enfrontaba fan un dano tremendo ao FSF e á mellor Liga do Mundo, dando unha imaxe moi precaria", sinalaba a Asociación de Clubs de Fútbol Sala Feminino, mentres que a Asociación de Xogadoras de Fútbol Sala aseguraba "non comprendemos os motivos dados de, a pesar dun mutuo acordo entre clubs, non suspender o partido", engadindo que "imaxes como estas humillan e danan o noso deporte".
Imágenes como las vividas este fin de semana en el partido que enfrentaba a @marin_futsal y @burelafs hacen un daño tremendo al FSF y a la mejor Liga del Mundo dando una imagen muy precaria.
— ACFSFfutsal (@ACFSFfutsal) May 1, 2022
Alguien debería explicar porque no se aplazó el partido habiendo acuerdo entre clubes. pic.twitter.com/AIkTfwtyjn
Desde la AJFSF no comprendemos los motivos dados de, a pesar de un mutuo acuerdo entre clubes, no suspender el partido entre @marin_futsal y @burelafs.
— AJFSF - Asociación de Jugadoras de Fútbol Sala (@AJFSFemenino) May 1, 2022
Imágenes como estas humillan y dañan nuestro deporte. pic.twitter.com/h3RejB10fe
Contundente mostrábase tamén o líder da máxima categoría, o Futsi Atlético Navalcarnero, afirmando que o Marín Futsal "sufriu o agravio comparativo, dentro da mesma tempada e a mesma competición, con outros equipos aos que se se lles concedeu o aprazamento con menos razóns". Mostras de solidariedade á que se foron unindo equipos como o Penya Esplugues, Ourense Envialia o Joventut d' Elx ou o AD Alcorcón, entre outros.
Nuestra solidaridad con el Marin, que ha sufrido el agravio comparativo, dentro de la misma temporada y la misma competición, con otros equipos a los que si se les ha concedido el aplazamiento con menos razones
— C.D FUTSI ATLÉTICO NAVALCARNERO (@futsi_atletico) May 1, 2022
Desde Alcorcón mandamos todo nuestro apoyo a @marin_futsal tras la situación vivida este fin de semana. Mucho ánimo y pronta recuperación. https://t.co/pCO6sDAtnT
— A.D. Alcorcón F.S.F. (@ADAlcorconFSF) May 2, 2022
Todo o noso apoio e solidaridade co @marin_futsal que hoxe deu un exemplo. Tamen desexarlles unha pronta recuperación a tódalas xogadoras https://t.co/P82OLBnxHV
— Ourense Envialia FSF (@OUenvialiaFSF) April 30, 2022
Relacionadas:
-
Festival de goles na Raña entre un Marín salvado e un Majadahonda loitando pola permanencia (3-4)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar visita o Ourense Envialia se marxe para o erro
Por Redacción |
-
O Roldán acaba co soño copeiro do Marín Futsal nos cuartos de final (1-3)
Por Diego Espiño |
-
"Chega o momento de gozar" para o Marín Futsal ante a ilusionante fase final da Copa da Raíña
Por Redacción |
-
Suspendido o Marín Futsal-Burela por non ter o equipo local o mínimo de xogadoras no campo
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O STV Roldán murciano será o rival do Marín Futsal nos cuartos de final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |