O pavillón marinense da Raña, sede para as finais da Copa Galicia de fútbol sala
Por Redacción
A Real Federación Galega de Fútbol confirmou o escenario no que se decidirán os campións da Copa Galicia de fútbol sala 2022, cunhas finais nas que estará presente o Poio Pescamar.
O conxunto conserveiro pelexará polo título autonómico fronte ao Ourense Envialia, nun duelo que se disputará no pavillón da Raña, en Marín, o Día das Letras Galegas, o vindeiro martes 17 de maio.
A final disputarase nun horario aínda por confirmar en función da retransmisión televisiva, nunha xornada que tamén contará coa final masculina na que participarán o Noia Portus Apostoli e O Parrulo Ferrol.
O Poio Pescamar gañou o seu posto na final da Copa Xunta tras superar na semifinal o Cidade das Burgas (1-2 na ida e 3-2 na volta), mentres que o seu rival, o Ourense Envialia, deixou na cuneta ao gran favorito, o Pescados Rubén Burela.
Relacionadas:
-
Poio Pescamar - Burela e Marín FS - Viaxes Amarelle, as semifinais da Copa Galicia de fútbol sala
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar conquista nos penaltis a súa terceira Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar golea o Ourense Envialia para seguir terceiro (1-4)
Por Almu Dapena |
-
O mellor fútbol sala de Galicia para celebrar en Marín o Día das Letras Galegas
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar métese na final da Copa Galicia tras superar o Cidade das Burgas (3-2)
Por Redacción |