O Pontevedra e o Cisne, xuntos no seu obxectivo de ascender
Por Diego Espiño
Dous dos principais equipos da cidade, como son o Pontevedra Club de Fútbol e o Club Cisne Balonmán, uniron forzas para lograr o maior apoio posible dos afeccionados no seu obxectivo de lograr o ascenso de categoría.
Aproveitando o posto de venda de entradas instalada pola entidade granate na Ferrería, no Café Savoy, os capitáns dos dous equipos, Álex González e Javi Vázquez, promocionaron por unha banda o encontro do domingo 8 (12.00 horas) en Pasarón fronte ao Salamanca e por outro o que o Cisne afrontará o sábado (17.30 horas) na Municipal fronte ao Trops Málaga.
"Seguramente sexa máis inmediato e importante o resultado do Ponteveda, a nós quedaranos sufrir unhas xornadas máis, pero eu como pontevedrés e amante do fútbol deséxolles o mellor, que gañemos ambos, ao final que o Pontevedra estea nunha división máis e que o Cisne poida estar en Asobal vai atraer máis cousas para a cidade", defendeu o representante cisneísta.
Tamén Álex González pediu non só o apoio para a final granate, porque "antes que a nós tócalle a eles", e agradeceu o respaldo que están a recibir porque "coa axuda da xente será máis fácil".
O capitán granate defendeu ademais que non mirarán ao que sucede no partido do seu rival polo ascenso, o Unión Adarve, por iso "centrámonos simplemente en gañar o partido, se ao pitar o final o árbitro hai que celebrar celebrarémolo, pero non podemos estar a pensar en celebrar antes de gañar. As nosas contas realmente están claras, son sumar 4 puntos nestes dous partidos", sinalou.
BO RITMO NA VENDA DE ENTRADAS
No acto o Pontevedra Club de Fútbol confirmou ademais o bo ritmo na venda de entradas nas últimas horas, que fan pensar na "mellor entrada da tempada".
De feito, segundo as cifras adiantadas, á primeira hora da tarde deste xoves eran 7.100 as entradas aínda dispoñibles, o que aproximaba ás 5.000 as localidades pechadas entre as entradas vendidas e os abonados, unha cifra que se superará con fartura dado que o maior aluvión espérase a partir do sábado no despacho de billetes do propio Estadio Municipal de Pasarón.
COLABORACIÓN ENTRE CISNE E PONTEVEDRA
Dentro da colaboración entre os dous clubs, os socios do Pontevedra poderán entrar de maneira gratuíta ao Pavillón Municipal dos Deportes ao partido entre Cisne e Málaga, do mesmo xeito que todos os xogadores da base granate. Pola súa banda o Cisne anunciou que tanto os seus xogadores como o seu corpo técnico acudirán o domingo a Pasarón.
Relacionadas:
-
O Cisne busca en Alacante o seu penúltimo paso hacia Asobal
Por Redacción |
-
Pasarón festexa o ascenso 'virtual' do Pontevedra tras un sufrido empate contra o Salamanca (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Un Cisne moi superior atropela o Málaga e dá un paso de xigante cara o ascenso (31-22)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A Boa Vila conxúrase para levantar o Pontevedra cara o ascenso
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A afección do Pontevedra arroupa o equipo no adestramento previo ao partido ante o Salamanca
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Ángel Rodríguez: "Gustaríame que Pasarón estivese cheo e que a afección sexa ese xogador número 12"
Por Diego Espiño |
-
Rufo: "Queremos ascender canto antes e quitarnos este marrón de enriba"
Por Diego Espiño |
-
Competición rexeita o recurso pola amarela de Charles, que será baixa ante o Salamanca
Por Diego Espiño |
-
Siareirxs Granates empapela a cidade cunha mensaxe: "Este domingo enchamos Pasarón"
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Prezos populares e invitacións a socios e deportistas federados para "o último baile" do Pontevedra polo ascenso
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra recorre a tarxeta amarela vista por Charles contra o Ceares
Por Diego Espiño |
-
As contas do Pontevedra para saír campión, con dúas opcións e dependendo de si mesmo
Por Diego Espiño |
-
Vitoria cómoda do Cisne sobre o Ibiza para seguir soñando co ascenso (25-32)
Por Almu Dapena |
-
Charles saca dun problema o Pontevedra no 87 na casa do descendido Ceares (1-3)
Por Diego Espiño |