Antía Jácome e Adrián Sieiro no C-2 e Tere Portela e Carolina García no K-4 logran o seu billete para a Copa do Mundo
Por Diego Espiño
Positiva xornada para o piragüismo pontevedrés no control selectivo organizado pola Real Federación Española de Piragüismo para conformar o equipo nacional que competirá no próximo Mundial, así como noutras competicións internacionais.
O Complexo Deportivo David Cal do encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, acolleu a selección das embarcacións de equipo, previa á Copa de España que terá lugar a fin de semana.
Unha das grandes protagonistas foi a local Antía Jácome, dominadora xunto a María Corbera no C-2 comandando a súa serie de principio a fin para gañar o billete para a primeira Copa do Mundo da tempada, na que estará en xogo o pase ao Campionato do Mundo Sprint que terá lugar en agosto en Halifax, Canadá.
Tamén lograron o seu pase, dentro do K-4 feminino e de maneira máis apurada, a subcampioa olímpica Teresa Portela e a pontevedresa Carolina García, formando equipo con Sara Ouzande e Laia Pèlachs. Todo un agasallo de aniversarios para Portela, que celebraba este xoves 40 primaveras.
Segundo foi Adrián Sieiro (Piragüismo Poio Pescamar) no C-2 masculino no que formaba equipo co balear Joan Antonio Moreno, por detrás Cayetano García e Pablo Martínez que remontaron unha quenda tremendamente igualada, polo que tamén irán á Copa do Mundo de Racice, mentres que terceiros foron terceiros Manuel Fontán (O Muíño) e Pablo Graña (RCN Rodeira).
Relacionadas:
-
Pablo Crespo gaña un posto para o Mundial de Piragüismo de Canadá
Por Diego Espiño |
-
Manuel Fontán e Pablo Graña, á final do C-2 500 na Copa do Mundo de Poznan
Por Diego Espiño |
-
A Copa do Mundo de Racice, termómetro para as opcións mundialistas do piragüismo pontevedrés
Por Redacción |
-
Fin de semana de 'xóvenes promesas' do piragüismo no Pontillón
Por Redacción |
-
Os padeeiros non se moven do Pontillón: esta fin de semana, Copa de España de Novas Promesas
Por Redacción |
-
Antía Jácome, piragüista olímpica e community manager do COE por un día
Por Manu Otero |
-
O piragüismo pontevedrés cumpre o expediente na segunda xornada do selectivo nacional
Por Diego Espiño |
-
Preto de 700 piragüistas cítanse en Verducido na Copa de España para embarcacións de equipo
Por Diego Espiño |
-
Choiva de medallas para o piragüismo galego na I Copa de España Sprint celebrada en Verducido
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Oito medallistas olímpicos e outros moitos aspirantes cítanse esta fin de semana en Verducido
Por Manu Otero |