A baixa de Charles dá esperanza a un Salamanca que ve o partido "case como unha final"
Por Manu Otero
Se o partido do domingo é unha final para o Pontevedra. O é moito máis para o Salamanca. O conxunto charro pode saír descendido de Pasarón se non suma os tres puntos e desde o Helmántico, a pesar de ser conscientes de que os granates son favoritos, confían nas súas posibilidades para facerse cos tres puntos.
"Non é unha final, pero case. Temos que saír a gañar", recoñece o adestrador María Hernández, quen admite tamén que o empate podería ser un bo resultado.
Sobre o Pontevedra, declara o técnico rival que "é o líder porque é o mellor equipo ata o de agora, teñen moi bo plantel. Pero aqui non hai ninguén inferior nin superior. Coas nosas armas e a nosa forma de chegar, espero que lle fagamos bastante oposicion". Neste sentido, o preparador móstrase contento pola ausencia de Charles por sanción. "É do mellor da categoría e se non está, mellor", sentenza.
O aspecto que lucirá Pasarón o vindeiro domingo será o mellor da tempada e a iso contribuirá tamén a inchada visitante, que chegará a Pontevedra nun autobús. "A aficion estará ayundándonos e saldran orgullosos do equipo independentemente do resultado", sostén Hernández.
Tampouco admite o adestrador do Salamanca que o ambiente do estadio vaia a atenazar aos seus xogadores. "É o mellor escenario. É atípico nesta categoria que haxa oito mil persoas. Eles xóganse o ascenso e van meter xente. Aí é onde se ve aos xogadores de verdade", afirma o técnico.
Non quixo María Hernández dar pistas sobre o once que saltará o domingo ao céspede de Pasarón. Son seguras as baixas de Liam e Manu. Ademais, desde o banco visitante tratarán de evitar por todos os medios que os xogadores se despisten atendendo aos resultados doutros campos, algo que tamén afectará á concentración do Pontevedra.
Relacionadas:
-
Pasarón festexa o ascenso 'virtual' do Pontevedra tras un sufrido empate contra o Salamanca (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
A Boa Vila conxúrase para levantar o Pontevedra cara o ascenso
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A afección do Pontevedra arroupa o equipo no adestramento previo ao partido ante o Salamanca
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Ángel Rodríguez: "Gustaríame que Pasarón estivese cheo e que a afección sexa ese xogador número 12"
Por Diego Espiño |
-
Rufo: "Queremos ascender canto antes e quitarnos este marrón de enriba"
Por Diego Espiño |
-
Competición rexeita o recurso pola amarela de Charles, que será baixa ante o Salamanca
Por Diego Espiño |
-
Siareirxs Granates empapela a cidade cunha mensaxe: "Este domingo enchamos Pasarón"
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Prezos populares e invitacións a socios e deportistas federados para "o último baile" do Pontevedra polo ascenso
Por Diego Espiño |
-
As contas do Pontevedra para saír campión, con dúas opcións e dependendo de si mesmo
Por Diego Espiño |