
© Cristina Saiz
Ángel Rodríguez: "A afección alentounos para conseguir cousas positivas, remar con forza e conseguir o ascenso"
Arroupado polo seu corpo técnico chegou Ángel Rodríguez á rolda de prensa de despois do partido entre o Pontevedra CF e o Salamanca no que o cadro granate conseguiu un ascenso que de momento é 'virtual' pero que, salvo goleada do Unión Adarve a próxima xornada, está lograda.
Para os seus compañeiros só tivo palabras de agradecemento por todo o traballo feito ao longo desta tempada porque "sen eles non se conseguiría este ascenso", que foi "algo que nos marcamos e conseguimos de maneira merecida" .
O adestrador do Pontevedra eloxiou tamén todo o labor realizado por que os seus xogadores, que fixeron un "enorme esforzo" e conseguiron crear "esta gran familia que somos no vestiario".
En canto á lectura do partido, Rodríguez é consciente de que unha vitoria fose infinitamente mellor, está claro, pero este resultado "valeunos para conseguir o obxectivo". Recoñeceu tamén que este tipo de partidos "non son fáciles e había xente que non vivira estas experiencias", polo que temía que os os nervios e a tensión do momento xogase unha mala pasada, e máis contra un rival que "se estaba xogando moito".
Pero sabía Ángel Rodríguez que, independentemente do rival, xogar en Pasarón é algo que para os contrarios é algo complicado, e máis por esta afección que ten o equipo de Lérez que "nos alentou para conseguir cousas positivas, remar con forza e conseguir o ascenso".
Logrado iso, chegan as preguntas sen resposta para a próxima tempada, e é que ante unha posible renovación, Rodríguez quita ferro ao asunto e prefire centrarse "no que toca", que é "celebralo coa familia e amigos e xa máis adiante veremos".
A outra cara do encontro mostrouna María Hernández, o adestrador dun Salamanca que aínda chega con vida á última xornada e ten opcións de salvar a categoría.
Recoñeceu o técnico que o empate conseguido "hai que valoralo" porque sabían o complicado que era sacar algo positivo da "cancha do líder que se xogaba o ascenso" e que, ademais, "marcou no minuto uno".
Tamén explicou que os seus xogadores, aos que lle falta "madurez", "contaxiáronse" na segunda parte do xogo dun Pontevedra ao que xa "lle valía o empate", e que, sumado ao "cansazo" acumulado polo tramo de tempada no que se atopan e á calor que facía, foron un hándicap engadido.
Rolda de prensa de María Hernández, adestrador do Salamanca
© PontevedraViva
Rolda de prensa de Ángel Rodríguez
© PontevedraViva
Relacionadas:
-
A continuidade de Ángel Rodríguez no banco está no aire pese ao ascenso
Por Manu Otero |
-
A afección granate enche un autobús en 48 horas para certificar o ascenso en Palencia
Por Manu Otero |
-
A Praza do Teucro, epicentro dunha celebración polo ascenso que se prolongou durante horas
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
As redes sociais énchense de felicitacións ao Pontevedra polo seu ascenso
Por Redacción |
-
FOTOS.- Búscate nas imaxes do ascenso do Pontevedra a Primeira RFEF vivido en Pasarón
Por Cristina Saiz |
-
Lores felicita o Pontevedra polo seu ascenso: "O Pontevedra merece estar máis arriba"
Por Diego Espiño |
-
Álex González: "Foi unha tempada dura pero confiamos no que fixemos no campo"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Lupe Murillo: "Creo que nos mereciamos estar en Primeira RFEF, xa o ano pasado"
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Así festexaron o plantel e a afección do Pontevedra o ascenso a Primeira RFEF no céspede de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Pasarón festexa o ascenso 'virtual' do Pontevedra tras un sufrido empate contra o Salamanca (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |